Taboleiro de anuncios

PROGRAMA “RESPIRO FAMILIAR”
11/06/2021

O Concello de Outes informa da convocatoria, por parte da Consellería de Política Social, de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa “Respiro familiar” para persoas coidadoras.

As modalidades que se poden solicitar son:

  • Respiro no fogar
  • Respiro en residencia

O prazo de solicitude é ata o 30 de setembro de 2021.

Máis información e solicitudes nos Servizos Sociais Comunitarios, pedindo cita previa no 981 850 003.