Taboleiro de anuncios

SERVIZO DE RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS
17/09/2019

Este mes estreamos o servizo de recollida de voluminosos baixo demanda.

O servizo consistirá na recollida de mobles, electrodomésticos, colchóns e somieres, trastes vellos e outros aparellos derivados das actividades domésticas de reparación e /ou substitución de equipamento da vivenda.

Este servizo prestarase aos particulares que o soliciten chamando ao teléfono do Concello: 981850003. Neste teléfono indicarase o artigo a recoller, o lugar de recollida e os datos persoais (nome e apelidos, dni e teléfono de contacto).

Os usuarios do servizo deberán depositar o artigo no punto de recollida de lixo máis próximo á súa vivenda a partir das sete da tarde do día anterior á recollida. A periodicidade do servizo será quincenal: a primeira recollida realizarase o día 26 de setembro.