Taboleiro de anuncios

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA) E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA
27/08/2019

O Servizo de Normalización do Concello informa de que a Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega Celga, preparatorios das probas de acreditación dos distintos niveis do certificado de lingua galega e cursos de linguaxe administrativa media e superior que se impartirán nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

Os cursos Celga son presenciais e os de linguaxe administrativa poden cursarse presencialmente ou en liña e desenvolveranse entre os meses de outubro a xaneiro (1º cuadrimestre) e entre febreiro e maio (2º cuadrimestre).

Matrícula:

Cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega/

Prazos de matrícula:

  • Do 2 ao 11 de setembro de 2019 para os cursos do 1º cuadrimestre.
  • Do 30 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020 para os cursos do 2º cuadrimestre.

Máis información e requisitos para matricularse na seguinte ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190820/AnuncioG0534-070819-0002_gl.html