Axenda local

11/12/2019
Gallery promocion lingua galega comercio local outes 2019
Ico noticia NOVA

OUTES DINAMIZA O USO DO GALEGO APOIANDO O COMERCIO LOCAL

Baixo o título “Outes é comercio, Outes é galego” o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes planificou unha campaña de dinamización lingüística coa que se pretende promover o emprego do galego como lingua habitual na realización do traballo diario dos negocios. Desde o SNL apúntase que esta campaña procura darlle visibilidade ao galego como distintivo de prestixio do comercio de Outes.

A campaña "Outes é comercio, Outes é galego" responde a un dobre obxectivo; dinamizar a lingua galega en todos os ámbitos e colaborar co tecido comercial e hostaleiro fomentando o consumo local. No marco desta acción o concello distribuíu gratuitamente panos de mesa para os locais de hostalaría e bolsas de tea para o comercio, establecendo así, sinerxías e unificar esforzos na mellora da imaxe e da marca do tecido comercial outense.

Ver cartel