Axenda local

02/08/2019
Gallery punto turismo
Ico noticia NOVA

PUNTO DE ATENCIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DE OUTES

Xa está en funcionamento o Punto de Atención Turística do Concello de Outes. Estará situado no Centro Náutico Municipal do Freixo. O horario de apertura ata o 15 de Setembro será de martes a venres de 9:30 h a 15:30 h. Os sábados de 10:00 h a 16:30 h e os domingos de 10:00 h a 15:00 h. Para calquera información poderán contactar ao teléfono 644787513.