Axenda local

16/09/2021
Gallery imx outono teatral 2021
Ico noticia NOVA

26 EDICIÓN DO OUTONO TEATRAL

O 25 de setembro e enmarcado dentro da programación cultural do Concello de Outes, arranca a 26 edición do “Outono Teatral”.

Este ano, as 18 representacións programadas, nas que terán cabida tanto obras para público infantil como para adultos, abarcarán tamén o mes de xaneiro do 2022.

 Ver cartel

 Descargar programa de man 

 

PROTOCOLO DE ENTREGA DE ENTRADAS DO OUTONO TEATRAL 2021

  • Como consecuencia das medidas a adoptar pola COVID-19, É OBRIGATORIO O USO DA MÁSCARA.
  • As entradas pódense recoller na Casa da Cultura dende o luns anterior á obra ata o venres ás 20:00 horas. No caso de quedar algunha, repartirase o mesmo día da función, por estrita orde de chegada.
  • As persoas con entrada deberán acceder á sala 15 minutos antes do comezo da función. Quen non cumpra esta norma, perderá a praza á que lle dá dereito a entrada e o asento asignaráselle a outro usuario.
  • Unha vez comezada a función, non se permitirá o acceso á sala.
  • As persoas menores de idade que non cumpran co criterio de idade de cada obra non poderán acceder á sala se non veñen acompañadas dunha persoa adulta.