Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO OUTES-NOIA-LOUSAME 2020: LISTAXES DEFINITIVAS
03/02/2021O Concello de Outes publica as listaxes definitivas do proceso de selección para o obradoiro dual de emprego OUTES-NOIA-LOUSAME 2020.
Listaxe definitiva posto de director/a
Listaxe definitiva posto de docente de especialidade
Listaxe definitiva posto de mestre/a de educación básica
Listaxe definitiva posto de técnico/a administrativo
Listaxe definitiva posto de técnico/a forestal
Listaxe definitiva do alumnado
OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO OUTES-NOIA-LOUSAME 2020: LISTAXES PROVISIONAIS DO POSTO DE TÉCNICO/A ADMINISTRATIVO/A E POSTO DE DOCENTE DE ESPECIALIDADE
21/12/2020O Concello de Outes publica as listaxes coas puntuacións provisionais para o posto de técnico/a administrativo/a e docente de especialidade do obradoiro dual de emprego OUTES-NOIA-LOUSAME 2020.
OBRADOIRO DE EMPREGO OUTES-NOIA-LOUSAME 2020: LISTAXE PROVISIONAL DO POSTO DE DIRECTOR/A E POSTO DE TÉCNICO FORESTAL
18/12/2020O Concello de Outes publica as listaxes provisionais coas puntuacións provisionais para a selección do director/a e do técnico/a forestal do obradoiro dual de emprego “OUTES-NOIA-LOUSAME 2020”.
OBRADOIRO DE EMPREGO OUTES-NOIA-LOUSAME 2020: LISTAXE PROVISIONAL PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO
17/12/2020O Concello de Outes publica a listaxe provisional coas puntuacións correspondentes á fase de entrevista e baremación para a selección do alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “OUTES-NOIA-LOUSAME 2020”.
OBRADOIRO DE EMPREGO: BASES DE SELECCIÓN
25/11/2020O Concello de Outes publica a resolución da aprobación das bases de selección do alumnado-traballador e equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego OUTES-NOIA-LOUSAME 2020.
A persoa interesada en participar como alumna neste obradoiro debe:
- Ser maior de 18 anos
- Estar inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
- Ter solicitado no SPEG o obradoiro de emprego.
Ademais, debe cumplir algún dos seguintes requisitos de acceso:
- Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional (Agraria).
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superado as competencias clave.
As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente ou de apoio do obradoiro de emprego tamén terán que figurar inscritas no SPEG e ter solicitada a correspondente ocupación.
A solicitude de persoas candidatas a oficina de emprego realizarase o próximo luns 30 de novembro.
Unha vez recibida a listaxe de solicitantes contactarase coas persoas candidatas para informalas da documentación que deben presentar e o día e hora da selección.
Para máis información ou ante calquera dúbida, pode contactar coa orientadora laboral no teléfono 981 850 003 ou no enderezo de correo: orientacion.laboral@outes.gal
OBRADOIRO DE EMPREGO
09/11/2020O Concello de Outes acollerá un obradoiro de emprego sobre xestión forestal, organizado xunto cos concello de Noia e Lousame, que dará comezo a finais de decembro. Os interesados deberán estar anotados na oficina de emprego correspondente.