Taboleiro de anuncios

OFERTA DE EMPREGO
17/02/2020

O Servizo de Orientación Laboral informa de que unha empresa do sector funerario precisa cubrir dous postos de traballo para a zona de Outes-Noia:

  • Condutor-a  funerario: Requírese permiso de conducir e coñecementos de informática a nivel usuario.
  • Persoal de limpeza (media xornada): Requírese permiso de conducir e vehículo propio con dispoñibilidade para traballar polas tardes.

Máis información e/ou entrega de currículums: Servizo de Orientación Laboral (Rúa da Capela nº 13, 1º - Serra de Outes. Teléfono: 981 851 094)

COMPETENCIA DIXITAL OFIMÁTICA (CODIX)
23/01/2020

O Servizo de Orientación Laboral informa de que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten previsto abrir o martes 4 de febreiro o prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recollerá na convocatoria que ten previsto saír publicada o próximo luns 3 de febreiro no Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar no mes de maio.

Ver anuncio completo

RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL
15/01/2020

O Servizo de Orientación Laboral informa de que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicou unha orde no Diario Oficial de Galicia do 12 de decembro de 2019, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Ver anuncio completo