Taboleiro de anuncios

SUBVENCIÓN DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS E PROGRAMA EMEGA
12/07/2019

A oficina de orientación laboral do Concello de Outes informa dun conxunto de axudas para autónomos e para a posta en marcha, mellora e reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres.

Subvención do bono das persoas autónomas

Programa EMEGA

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
01/07/2019

A oficina de orientación laboral do Concello de Outes informa que a Confederación de Empresarios de Coruña organiza xunto coa Confederación de Empresarios de Galicia e con financiamento da Xunta de Galicia, unha serie de accións formativas co obxectivo de fomentar a prevención de riscos laborais no tecido empresarial.

As accións formativas son de carácter gratuíto e teñen como destinatarios tanto traballadores por conta allea, como propia e en situación de desemprego.

Ver anuncio completo

PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS MOZAS
15/04/2019

O Concello de Outes, a través do Servizo de Orientación Laboral, informa do programa Emprega Xuventude que ten coma finalidade facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Ver anuncio

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS DESEMPREGADAS PARADAS DE LONGA DURACIÓN
21/03/2019

O concello de Outes, a través do Servizo de Orientación Laboral, informa da convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2019, coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo.

Ver anuncio completo

SUBVENCIÓNS PEL-PEMES E PEL-EMPRENDE 2019
15/03/2019

O Concello de Outes, a través do Servizo de Orientación Laboral, informa que o Boletín Oficial da Provincia  publicou o mércores día 6 de marzo as bases das liñas de subvencións PEL-PEMES e PEL-EMPRENDE 2019.

Ver anuncio completo