Taboleiro de anuncios

PROBAS E CURSO PREPARATORIO DAS COMPETENCIAS CLAVE
21/02/2022

O Concello de Outes abre o prazo para matricularse no curso preparatorio das probas de competencias clave. A finalidade destas competencias é a de mellorar a formación para poder cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e poder así, mellorar a inserción laboral.

O prazo para matricularse nas probas está aberto até o 7 de abril de 2022. A inscrición poderá facerse electronicamente na web:

  https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave/convocatoria-probas

ou de maneira presencial por rexistro no concello.

Por outra banda, o curso preparatorio organizado polo Concello de Outes, comezará o 31 de marzo. As aulas impartiranse na casa da cultura tódolos xoves de 11:00 a 12:30 horas e prepararanse as materias de: Comunicación en lingua galega, Comunicación en lingua castelá e Competencia matemática. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse no Servizo de Educación Familiar.

Para resolver dúbidas e máis información chamar ao teléfono 981 85 00 03 e preguntar por Juana.