Axenda local

11/02/2020
Gallery imx entroido 2020
Ico noticia NOVA

ENTERRO DA SARDIÑA 2020. CONCURSO DE DISFRACES.

O Concello de Outes organiza un concurso de disfraces e un desfile para celebrar o enterro da sardiña, festa de gran tradición no noso concello, que terá lugar o 26 de febreiro, mércores de cinza.

Toda persoa que desexe participar neste concurso pode apuntarse cubrindo a folla de inscrición e enviándoa á dirección de correo electrónico animacion@outes.gal antes do 24 de febreiro ou o mesmo día do concurso, antes das 16:30 horas, no pavillón polideportivo da Serra.

A cualificación do xurado será no polideportivo da Serra de Outes ás 17:00 h. A continuación o cortexo fúnebre, encabezado pola Sra. Sardiña, sairá da Praza de Galicia e percorrerá as principais rúas da Serra ata chegar á Praza do Bosque, onde se lle prenderá lume á Sra. Sardiña e se servirá un chocolate. Durante o desfile actuará a charanga Santa Compaña.

 

Ver o cartel Bases do concurso Folla de inscrición