Axenda

ENTROIDO 2025: PROGRAMA
O Concello de Outes dá a coñecer o programa de Entroido para este ano 2025, que comezará o sábado 1 de marzo coa festa de Entroido infantil, con obradoiros, actividades e música para toda a familia. Será ás 17:30 horas no pavillón da Serra.
O 5 de marzo teremos o tradicional Enterro da Sardiña, co concurso de disfraces, onde se repartirán ate 2970€ en premios, e o posterior desfile polas principais rúas da Serra, para rematar na Praza do Bosque coa queima da sardiña e unha chocolatada. Todo o evento estará amenizado coa música da charanga Os Jalácticos.