Axenda local

27/03/2020
Gallery imx xantar na casa
Ico noticia NOVA

REFORZO DO PROGRAMA “XANTAR NA CASA”

O Concello de Outes vai reforzar o servizo de Xantar na Casa coa finalidade de atender a todas as persoas que o precisen durante esta crise sanitaria.

Xantar na Casa atenderá a persoas e familias en situación de vulnerabilidade por mor do impacto socioeconómico do coronavirus.

  • Teléfono de información: 981 85 00 03
  • Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00h
26/03/2020
Gallery imx xestion residuos covid19 2020
Ico noticia NOVA

INSTRUCIÓNS SOBRE A XESTIÓN DE RESIDUOS NA SITUACIÓN DE CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19

O Concello de Outes informa que para salvagardar a saúde das persoas usuarias e traballadoras do servizo de recollida de lixo, é preciso seguir as indicacións sobre a xestión de residuos domésticos.

Ver indicacións

24/03/2020
Gallery imx tramitacion cese actividade
Ico noticia NOVA

TRAMITACIÓN DE CESE TEMPORAL DE ACTIVIDADE PARA AUTÓNOMOS

Se es autónomo e queres tramitar o cese temporal de actividade:

  • SE TES AS CONTINXENCIAS COMÚNS E AS PROFESIONAIS CUNHA MUTUA, deberás de tramitalo coa propia mutua
  • SE TES AS CONTINXENCIAS PROFESIONAIS CUNHA ENTIDADE XESTORA DA SEGURIDADE SOCIAL, deberás de tramitalo co SEPE