Axenda local

16/09/2022
Gallery img axenda
Ico noticia NOVA

ESPAZOS DAS FAMILIAS. CURSO 2022/2023

O Concello de Outes, en colaboración coa asociación socio-educativa Antonio Gandoy, vai continuar durante o curso 2022/2023 co programa de formación de pais e nais “ESPAZO DAS FAMILIAS”, dirixido a pais, nais ou titores legais e aos seus nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e 3 anos (que non estean escolarizados).

Para as familias que esteades interesadas en participar no mesmo ábrese un prazo de inscrición ata o vindeiro 30 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no Concello.

Para inscricións e/ou máis información poden poñerse en contacto coa educadora familiar (teléfonos: 637 063 653 / 981 850 003).

 Máis información