Axenda local

07/05/2019
Gallery letras galegas 2019
Ico noticia NOVA

LETRAS GALEGAS 2019

O Concello de Outes pretende difundir a obra e a figura homenaxeada nas Letras Galegas deste ano, Antón Fraguas, cunha programación de contacontos, exposición e coa edición de material didáctico para as crianzas do municipio.

Desde o Servizo de Normalización Lingüística programouse para o mércores 8 e o xoves 9 de maio os contacontos “Contos da Galicia Máxica. Homenaxe a Antón Fraguas” e “Antón Fraguas no Bosque da Moura”. Tamén teremos un contacontos adicado a Antón Fraguas para os nenos e nenas de 3 a 9 anos, o martes 14 de maio na Biblioteca Municipal.

Ademais, a poboación que se achegue á casa da cultura de Outes durante o mes de maio, poderá visualizar unha mostra de carteis que achegan información sobre Fraguas e sobre as obras que publicou en especial nos campos da historia, etnografía ou do folclore, entre outros.

E o 17 de maio teremos o certame do Francisco Añón de poesía, no que se darán a coñecer os premiados desta XXIII edición e se presentará o libro que recolle as poesías premiadas na XXII edición e o libro do gañador da categoría F (maiores de 18 anos), Kai Lois Baltrusch Montero, “ixinia”.

Ver cartel