Anuncio
BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA
Logo de aprobar por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 27 de agosto do 2024 a contratación de 1 praza de Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, polo sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Documentación a presentar:
- DNI ou NIE da persoa solicitante.
- DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.
- A instancia normalizada, segundo o modelo que se inclúe como ANEXO II ás presentes bases e que tamén poderá descargarse na páxina web deste Concello [www.outes.gal].
- Titulacións ás que se refire a BASE 3.b. 5. Certificado CELGA 4 ou equivalente, no seu caso (no suposto de non ter o certificado se realizará a proba de coñecemento de galego á que se refire a Base Sétima).
Ver Anexo II: solicitude de participación
Ver Anexo II: solicitude de participación (LibreOffice)