Axenda
Programación e concursos do nadal enOutes!
O tenente alcalde e concelleiro de cultura e festas, Anxo Núñez Fernández, presentou a programación de Nadal enOutes! Un programa amplo e diverso: teatro, baile, concertos, concursos de decoración e postais de Nadal, cabalgata de reis, festa do acendido das luces e, como novidade, a Feira de Nadal enOutes!
Un programa que comeza este domingo con DANCE JOIN no pavillón do CEIP Outes ás 19:00 e que rematará o 5 de xaneiro coa tradicional cabalgata de reis.
Este ano o concello celebrará unha festa de acendido de luces de Nadal con música ao vivo. Terá lugar o vindeiro xoves, 5 de decembro, ás 17:50 horas na praza de Galicia. Contaremos con cantos de Nadal da man da agrupación "A TROULA NA BARQUIÑA". Tamén, por primeira vez, o fin de semana do 14 e 15 de decembro contaremos coa primeira feira de nadal.
Na decoración deste ano colaboraron entidades sociais como ADISBISMUR que axudarán coas súas creacións a decorar as rúas e espazos públicos do concello. Tamén colaboraron as alumnas e profesorado do obradoiro de manualidades municipal e o tecido comercial do concello.
Este ano tamén introduciremos novidades no concurso de decoración de Nadal. As inscricións terán lugar do 1 ao 19 de decembro.
Ver condicións do concurso de decoración (A partires do 1 de decembro)
Ver condicións do concurso de postais (A partires do 1 de decembro)
Follas de inscrición (A partires do 1 de decembro)
En canto á decoración de Nadal, este ano apostouse por continuar ampliando o catálogo en propiedade do concello mentres se seguen a alugar elementos decorativos para renovar e facer máis atractivo as nosas rúas nesta época máxica do ano.
O tenente alcalde aproveitou a ocasión para desexar unhas boas festas a toda a veciñanza e convidar aos cidadáns e visitantes a gozar de todos os actos culturais e públicos así como a facer consumo de proximidade no comercio local de Outes.