Axenda

Gallery mini outono

XXIX OUTONO TEATRAL DE OUTES

O concello de Outes presenta a 29ª edición da programación local de teatro cun amplo abano de datas programadas. Do sábado 21 de setembro ate o 28 de febreiro o auditorio da casa da cultura acollerá un total de 20 obras de teatro de compañías galegas e do resto do estado. Este ano estreamos un novo sistema para a reserva de entradas que inclúe varias novidades:

  • Creamos dous bonos teatro para que os amantes do Outono Teatral poidan gozar cunha soa reserva todas as obras de teatro. Haberá a disposición da cidadanía os seguintes bonos:

    • Bono Xeral: Reserva en 9 obras para adultos e de especial interese para todos os públicos.

    • Bono Miúdo: Reserva en 6 obras pensadas para o público familiar e os máis cativos da casa.

  • Creamos un sistema de reserva telemática onde se poderán conseguir unha porcentaxe de entradas do auditorio dúas semanas antes de cada obra mantendo tamén a reserva presencial.

  • Mantense tamén a reserva de entradas presencial na Casa da Cultura en horario de oficina a partir do luns previo a cada obra.

Os bonos Xerais e Miúdos poderánse obter a partires do luns 9 de setembro en horario de oficina da Casa da Cultura. Ambos bonos gozan dun 30% de desconto no prezo total de cada obra. O mesmo día sairán á disposición do público a primeira tanda de entradas a través do sistema telemático e o luns previo a cada obra estarán dispoñibles as entradas gardadas para a reserva presencial en oficina.

Este sistema garante que os visitantes non empadroados no concello de Outes colaboren económicamente coa programación cultural do noso concello, axuda a mellorar e ampliar a oferta cultural, permítenos optar nun futuro a axudas da Xunta de Galicia xa que co sistema previo era imposible acceder e facilita a reserva para todos os grupos de idade a través das diferentes opcións que brinda á cidadanía. As persoas con carné xove, maiores de 65 anos ou en situación de paro tamén poderán dispor dun desconto específico.

Este ano, ademais, Outes convértese no primeiro espazo galego en entrar no circuíto AUDACES que, xunto con ASSITEJ, permítenos dotar á xuventude outense de obradoiros de formación xunto con pases escolares exclusivos. Anímate a participar e vivir a cultura ao vivo de Outes! #enOutesCultura

O prezo dun Bono Xeral é de 25,90 € co 30% de desconto incluído. O total por separado das 9 obras incluídas sería de 37 €. Obténdoo gozas dunha reserva automática nas funcións que podes atopar abaixo. O prezo medio por obra é 2,88€

  •  

O prezo dun Bono Miúdo é de 11,90 € co 30% de desconto incluído. O total por separado das 6 obras incluídas sería de 17 €. Obténdoo gozas dunha reserva automática nas funcións que podes atopar abaixo. O prezo medio por obra é 1,98 €

Podes consultar os prezos de cada función e os pases gratuítos no cartel.

 PREME AQUÍ PARA CONSULTAR O CARTEL DESTA EDICIÓN

 PREME AQUÍ PARA VISUALIZAR O VÍDEO DA PRESENTACIÓN DESTA EDICIÓN

 PREME AQUÍ PARA CONSULTAR AS OBRAS INCLUÍDAS NO BONO XERAL

 PREME AQUÍ PARA CONSULTAR AS OBRAS INCLUÍDAS NO BONO MIÚDO

 PREME AQUÍ PARA OBTER AS ENTRADAS TELEMÁTICAMENTE (A partires do 9 de setembro)

 PREME AQUÍ PARA CONSULTAR O ACORDO DE PREZOS PÚBLICOS

 PREME AQUÍ PARA CONSULTAR AS CONDICIÓNS DE ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E BONOS