Axenda
FESTAS DO SANTIAGUIÑO 2024
Os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xullo celebraremos no Concello de Outes as festas do Santiaguiño.
Este ano contamos cunha ampla programación musical para todos os gustos.
Coma novidade, o día 26 teremos Día do Sancosmeiro para animar a toda a veciñanza a facer gala do noso sombreiro.
O domingo 28 será a celebración do San Cristovo, coa xa tradicional caravana de vehículos ata O Freixo e a sardiñada na Horta do Muíño. As persoas que desexen participar na caravana de vehículos deberán inscribirse, antes do mércores 24 de xullo, na Casa da Cultura ou no teléfono 981 850 950 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) ou no enderezo electrónico cultura@outes.gal. Deberá indicarse o nome, apelidos, teléfono e DNI do condutor así como o tipo de vehículo (coche, moto, camión,…) e a matrícula do mesmo.