Axenda

Gallery imx 28x 28062024

LIBERDADE DE SER E SENTIR!

O Concello de Outes  adhírese, un ano máis, con motivo da conmemoración do 28 de xuño "día da diversidade sexual" á campaña "LIBERDADE DE SER E SENTIR!" impulsada  desde Igualdade de xénero da Deputación da Coruña. Un traballo colaborado e participado co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais da que poden formar parte todos aqueles concellos, entidades sociais, educativas e/ou empresariais interesadas.

 Máis información