Axenda

Gallery imx circular rur

PROXECTO CIRCULAR.RUR

O proxecto europeo Circular.rur  “Novos modelos de negocio de economía Circular para a activación do rural europeo” é un proxecto de asociación de cooperación en materia de formación profesional ERASMUS+ que se desenvolve dende o 01.11.2021 ata o 01.11.2023.

O consorcio do proxecto está liderado polo Concello de Outes e conta coa participación da Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia( Afiprodel), así como de socios europeos de Irlanda, Alemania, Italia, Croacia e Grecia: WIN Consultants Ltd, Meath County Council, Hamburgisches WeltWirtschaftsInstitut gemeinnützige GmbH, Comune di Capannori, Lokalna akcijska grupa Zagorje Sutla e Atlantis.

Os resultados de Circular.rur están dirixidos a profesionais da área de desenvolvemento rural e/o emprego.

O obxectivo principal consiste en promover a transferencia de coñecementos innovadores sobre Economía Circular e o desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados nesta, que respondan as expectativas dos mercados laborais nacionais e europeos, e que brinden novas oportunidades de activación fronte aos retos actuais, fomentando contornas rurais máis modernos e sostibles, a través do apoio intelixente da profesionais da área de desenvolvemento  rural, aos futuros emprendedores do rural europeo.

Toda a información sobre o proxecto está dispoñible na súa web  https://circularur.eu/