Axenda
PROXECTO e-InnoEduCO2
O proxecto europeo e-InnoEduCO2 “School science e-learning ONE HEALTH” é un proxecto europeo de innovación educativa Erasmus + 2020 na modalidade KA226 para o bienio 2021-2023. Liderado polo Concello de Outes, coa dirección científica da Fac Ciencias da Educación da USC, Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da USC.
Este consorcio conta coa participación do CESGA como principal socio tecnolóxico, así como de socios europeos de Portugal, Polonia e Romanía: Universidade de Aveiro (Fábrica de Ciencias Vivas) e Agrupamento de Escolas de Aveiro de Portugal, Liceo XXVI de Lodz en Polonia de Polonia e a Universidade de Iasi en Romanía.
O obxectivo principal do proxecto é desenvolver un modelo pedagóxico STE(A)M – TIC que permita compensar o aumento das carencias da UE na Formación Profesional (FP) adaptando a formación telemática da era do COVID-19 ás necesidades curriculares de experimentación científica. A experimentación deste modelo vai dirixida ao alumnado do último ciclo da ESO e Bacharelato.
Toda a información sobre o proxecto está dispoñible na súa web www.innoeduco2.org