Anuncio
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 5 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2025
O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 15 de abril, das bases e convocatoria que rexerán o proceso selectivo para selección de 5 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do Plan de Emprego da Deputación, PEL CONCELLOS 2025.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 16 de abril ata o 02 de maio (ambos incluídos).
A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.