Anuncio

LICITACIÓN DE LICENZA DE USO COMÚN ESPECIAL PARA A INSTALACIÓN DE SERVIZO DE POLBEIRA DURANTE A CELEBRACIÓN DAS FESTAS MUNICIPAIS DO SANTIAGUIÑO

Logo de aprobar por Resolución de Alcaldía núm. 2024-0291 de data 06/06/2024 as bases e a convocatoria para a adxudicación de 1 licenza de uso común especial de ben de dominio público en réxime de concorrencia, para a instalación de Servizo de Polbeira durante a celebración das festas municipais do Santiaguiño, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. 

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica do Concello [ https://outes.sedelectronica.gal/]. Os Modelos de Declaración responsable e proposición económica, tanto individual como colectiva, poden descargarse dende o Portal de Transparencia aloxado na Sede Electrónica:  https://outes.sedelectronica.gal/transparency  

 Ver anuncio do BOP