Anuncio

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA DE VERÁN 2024)

O Concello de Outes publica a convocatoria para a selección de 4 socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán 2024.

A selección dos socorristas realizarase mediante oferta comunicada á oficina de emprego de Santiago-Norte. As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán estar inscritas como demandantes na oficina de emprego e ter solicitada a ocupación de Socorrista en espazos acuáticos naturais.

A solicitude de persoas candidatas á oficina de emprego efectuarase o vindeiro luns día 10 de xuño. O resto de requisitos das persoas aspirantes e as condicións da contratación veñen recollidas nas bases que se achegan.

 Ver bases da convocatoria