Anuncio

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024: LISTAXE PROVISIONAL PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE PROVISIONAL DE AGARDA

Aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas, así como a  listaxe provisional de agarda no Campamento de Verán 2024. A presentación de suxestións ou reclamacións poderá realizarse no prazo de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ó desta publicación.

As persoas que figuran como admitidas con praza na listaxe provisional do Campamento de Verán 2024, punto primeiro da resolución, deberán formalizar o pago bancario no prazo comprendido entre o 6 e o 12 de xuño. 

O pago formalizarase atendendo ao modelo informativo que figura na páxina web do concello, remitindo os xustificantes de pago por correo electrónico a cimoutes@yahoo.es.   

As renuncias ás prazas deberán ser presentadas conforme ao modelo normalizado, ben por sede electrónica do Concello de Outes (https://outes.sedeelectronica.gal) ou de xeito presencial no rexistro xeral do Concello de Outes. 

De non formalizarse dito proceso nas datas establecidas e conforme as condicións da convocatoria, decaerá o dereito á praza obtida que será ocupada polas persoas que figuran na listaxe de agarda do Campamento de Verán 2024. 

 Ver resolución coa listaxe provisional