Anuncio
PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
O Concello de Outes publica a acta logo de rematado o prazo para formular as alegacións pertinentes ás listaxes provisionais publicada na páxina web e na sede electrónica do Concello de Outes das seguintes prazas incluídas no proceso de estabilización:
- C02. ASESOR/A XURÍDICO/A DO CIM
- C04. TÉCNICO/A SOCIOCULTURAL
- C15. CONSERXE-LIMPADOR/A
- C16. LIMPADOR/A
- C18. RECEPCIONISTA PISCINA
- C19. MONITOR/A SOCORRISTA PISCINA
- C20. LIMPADOR/A PISCINA
- C24. CONSERXE COLEXIO
- C03.PSICÓLOGO/A CIM
- C22.ORIENTADOR/A LABORAL
- C23.TRABALLADOR/A SOCIAL
- C08. COORDINADOR/A PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA
- C09. AUXILIAR PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA
Visto que varios dos aspirantes están empatados na puntuación e segundo o exposto no punto 9.7, esgotados todos os criterios establecidos para resolver os empates é necesario aplicar o criterio establecido no apartado 5º “.....e finalmente, no caso de que non teña sido posible desfacer os empates trala aplicación de todos os criterios anteriores, estes resolveranse por sorteo, realizado por e ante os respectivos Tribunais, e coa presenza de todas as persoas aspirantes afectadas que así o desexen.”
Dito procedemento levarase a cabo o vindeiro día 24 de MAIO de 2024 ás 10:00h no salón de plenos da Casa do Concello de Outes.