Anuncio
VEHÍCULO PARA O SAF FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Dende este mes de febreiro o Concello de Outes conta cun vehículo para o desprazamento do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
O coche, financiado pola Deputación da Coruña acorde á resolución do 15 de maio de 2023, foi recollido polo alcalde de Outes, Manuel González López, e máis o concelleiro de Deportes, Igualdade e Benestar, José Antonio Caamaño Lestón.