Anuncio

ANUNCIO DE APERTURA DE SOLICITUDES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS, COMISIÓNS DE FESTAS, SOCIAIS E DEPORTIVAS DE INTERESE PÚBLICO 2023

O concello anuncia que xa está aberto o prazo para as solicitudes das subvencións para actividades culturais, comisións de festas, sociais e deportivas de interese público 2023.

Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actividades, sempre e cando se organicen:

  • Por entidades que teñan a súa sede no termo municipal de Outes;
  • Por entidades que, sen ter a sede no termo municipal, realicen unha parte significativa da súa actividade no mesmo ou teñan como beneficiarios/destinatarios unha pluralidade de veciños do municipio.
  1. Actividades culturais: gastos correntes derivados de celebracións, exposicións, concursos, certames, mostras, excursións, conferencias, estudos, etc., e en xeral, actividades dirixidas á conservación, promoción ou divulgación das tradicións e valores culturais propios do municipio de Outes.
  2. Actividades deportivas: gastos correntes de funcionamento e participación en campionatos deportivos como fichas de inscrición en competicións, desprazamentos, mantemento de instalacións, etc. ou organización doutras actividades deportivas de interese público.
  3. Actividades realizadas polas ANPAS dos centros de ensino do Concello: gastos correntes de funcionamento e organización de actividades.
  4. Actividades levadas a cabo por entidades ou persoas organizadoras de festas patronais ou tradicionais do municipio de Outes tales como a organización de concertos ou eventos musicais.
  5. Actividades de índole social dirixidas a colectivos de persoas con diversidade funcional: gastos correntes de funcionamento e organización de actividades.

 Consulta aquí as bases reguladoras