Anuncio

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS NORMAS DE FUNCIONAMENTO E DO ANEXO I

Aprobado inicialmente o regulamento da Escola Infantil Municipal de Outes, Anexo I das normas de funcionamento da Escola Infantil Municipal de Outes, por Acordo do Pleno de data 30 de marzo de 2023.

De conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde o seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia para que poida ser examinado o regulamento e poidan, no seu caso, presentarse as reclamacións que se estimen oportunas. Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica (outes.sedelectronica.gal) e na páxina web www.outes.gal corporativas.

No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o acordo de aprobación inicial do regulamento.

 Ver NORMAS DE FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS INFANTÍS

 Ver ANEXO 1