Anuncio

PROXECTO MUSEISTICO ESTALEIRO “CIPRIAN”

O proxecto museográfico define as características xerais da exposición que albergará o futuro estaleiro rehabilitado, onde o fío condutor será a Carpintería de Ribeira: a edificación, o oficio e as súas técnicas construtivas.

O proxecto é froito dos arquitectos Iago Fernández Penedo e Óscar Fortes Dopico, (A tese doutoral de Fortes versa sobre as arquitecturas das carpinterías de ribeira en Galicia) e afrontouse como unha actuación de consolidación e respecto polo antigo estaleiro tradicional, mantendo os volumes que configuraban a carpintería de ribeira orixinal, sen modificala, tal cal chegou aos nosos días, debido a que é froito da evolución e da memoria da actividade de construción de embarcacións de madeira que alí se desenvolvían.

A idea expositiva non trata de presentar toda a información dispoñible sobre o tema se non que busca elaborar unha síntese que axude á interpretación, que simplifique a visita e a aprendizaxe. Pódense expor instrumentos que amplíen e concreten o discurso: exposicións temporais, actividades de difusión, publicacións, visitas guiadas... A idea é converter toda a área como un exemplo vivo do tradicional oficio de construcións de madeira, que sirva como un referente na defensa, a posta en valor e a continuidade da identidade e memoria do patrimonio marítimo galego en xeral, e en concreto do municipio de Outes.

Ver proxecto

 

PROXECTO FINANCIADO POLA UNION EUROPEA A TRAVÉS DO GRUPO DE ACCION LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO-SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS-NOIA: COSTA SOSTIBLE.