Taboleiro de anuncios

BRIGADA DE OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES: ACTA DE MÉRITOS E CONVOCATORIA DE ENTREVISTAS.
25/04/2017

O Concello de Outes publica a acta de méritos e a convocatoria de entrevistas dos aspirantes á brigada de operarios.

Ver acta de méritos e convocatoria de entrevistas

CONTRATACIÓN TEMPORAL DE BRIGADA DE OPERARIOS DO CONCELLO DE OUTES: LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
24/04/2017

O Concello de Outes publica a lista de admitidos e excluídos para a contratación temporal dunha brigada de operarios.

Ver lista

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2017
17/04/2017

O Concello de Outes informa que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2017. Toda a información en xuventude.net.

CURSOS PUNTUABLES NO BAREMO PARA A OBTENCIÓN DO PERMEX
05/04/2017

O concello de Outes informa de que, Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas anuncia a Programación Formativa 2017 correspondente ao mes de Abril, no marco da Rede Eusumo.

Trátase de 4 obradoiros presenciais e gratuítos, nas localidades de Ponteareas, Vilagarcía de Arousa, Ames e Mos, todos os cursos son en horario matinal e teñen unha duración de 20 horas. Cada un destes obradoiros puntúa 0,40 dentro do baremo do marisqueo a pé.

As accións formativas que se realizarán en Ames son as seguintes:

  • OBRADOIRO DE FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPREDER (20h)
    Do 18 ao 21 de abril de 2017 de 9.30 a 14.30 h
  • OBRADOIRO POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO? (20h)
    Do 02 ao 05 de maio de 2017 de 9.30 a 14.30 h

Ambos cursos realizaranse en Ponte Maceira, no Centro da Rede Eusumo CLUN, S. Coop. Galega (Cooperativa Feiraco)

Para máis información ou inscricións:

Contactar con Rosa Álvarez no teléfono 981 575 558 ou no correo electrónico rosa@espazo.coop

BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUNHA BRIGADA DE OPERARIOS
03/04/2017

O Concello de Outes publica a convocatoria para a contratación laboral temporal de 5 traballadores para unha brigada de operarios de servizos múltiples.

Bases da convocatoria

Solicitude

ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS DO 1º SEMESTRE DE 2017
03/04/2017

A Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión de 3 de abril de 2017 aprobou o padrón de contribuíntes da taxa polo servizo de saneamento e depuración de augas residuais do 1º semestre de 2017, composto por un total de 2.926 recibos.

Ver anuncio completo

APERTURA DE PRAZO DE INSCRICIÓN EN DIVERSAS LISTAXES DO SERGAS
29/03/2017

O concello de Outes informa de que o 24 de marzo de 2017 publícase no DOG a resolución pola que se inicia o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Ver anuncio completo

PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN.
07/03/2017

O Concello de Outes informa que se publicou a resolución con data do 27 de febreiro de 2017 da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral pola que se convocan as probas de avaliación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

Máis información:

Pode consultar a convocatoria no seguinte enlace:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170307/AnuncioG0424-010317-4_gl.html

Ou achegarse ao Servizo de Orientación Laboral
Rúa da Capela nº 13 1º andar (Outes)
Teléfono: 981 851 094

CORRECCIÓN DE ERROS DAS BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS A FAMILIAS CON MENORES A CARGO PARA A COMPENSACIÓN DOS SEUS GASTOS FARMACÉUTICOS PARA O ANO 2017
22/02/2017

A Xunta de Goberno Local do Concello de Outes na sesión de data 20/02/2017 adoptou o seguinte acordo:

CORRECCIÓN DE ERROS DAS BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS A FAMILIAS CON MENORES A CARGO PARA A COMPENSACIÓN DOS SEUS GASTOS FARMACÉUTICOS PARA O ANO 2017.

Advertido un erro de feito nas Bases da convocatoria de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o 09/01/2017 e publicadas no BOP de data 18/01/2017, no seu punto 2.Beneficiarios, no referido ao apartado ONDE DI: “Non superar os límites de ingresos mensuais a que se refire o artigo 12.d da lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia:

  • familias con 2 membros: 573,83€/mes
  • familias con 3 membros: 591,08€/mes
  • familias con 4 membros: 644,33€/mes
  • familias con 5 membros: 697,58€/mes
  • familias con 6 ou máis membros: 718,88€/mes”

DEBE DICIR:

“Non superar os límites de ingresos mensuais a que se refire o artigo 12.d da lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia:

  • familias con 2 membros: 473,93€/mes
  • familias con 3 membros: 537,83€/mes
  • familias con 4 membros: 591,08€/mes
  • familias con 5 membros: 644,33€/mes
  • familias con 6 membros: 697,58€/mes
  • familias con 7 ou máis membros: 718,88€/mes”

 

Outes, 21 de febreiro de 2017.

Asdo: A alcaldesa

 

Mª Beatriz Molinos Vidal

APROBADO DEFINITIVAMENTE O ORZAMENTO DO CONCELLO DE OUTES PARA O EXERCICIO 2017
02/02/2017

Aprobado definitivamente o orzamento do Concello de Outes para o exercicio 2017 por non terse presentado reclamacións trala publicación da súa aprobación inicial no BOP nº 2, do 3 de xaneiro do 2017.

Ver documento

AXUDAS ECONÓMICAS A FAMILIAS CON MENORES A CARGO PARA A COMPENSACIÓN DOS SEUS GASTOS FARMACÉUTICOS PARA O ANO 2017.
19/01/2017

O Concello de Outes aproba as bases da convocatoria de axudas económicas a familias, financiadas pola Xunta de Galicia, para a compensación dos seus gastos farmacéuticos no referido a medicamentos prescritos a través de receita médica. O obxecto desta convocatoria é o de apoiar ás familias empadroadas no Concello que teñan menores de 16 anos a cargo e que estean atravesando dificultades económicas.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de novembro de 2017 e poderán subvencionarse gastos farmacéuticos realizados dende o 1 de decembro de 2016 ata o 30 de novembro de 2017.

Información e solicitudes nos Servizos Sociais Municipais Comunitarios (traballadores sociais e/ou educadora familiar)

Máis información no BOP da provincia de A Coruña

ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE DO 2º SEMESTRE 2016.
19/01/2017

A Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión de 26 de decembro de 2016 aprobou o Padrón de contribuíntes da taxa polo servizo de subministro de auga potable do 2º semestre de 2016, composto por un total de 1.380 recibos.

Logo PDF Ver anuncio completo

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
12/01/2017

O Concello de Outes publica a ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN DO CONCELLO.

Logo PDF Ver documento

ANUNCIO DE DEDICACIÓN EXCLUSIVA PARCIAL
02/01/2017

O Concello de Outes publica o anuncio de dedicación exclusiva parcial do cargo de concelleiro-delegado de xuventude, voluntariado, asuntos do mar e de turismo, e de loita contra os lumes forestais.

Logo PDF Ver anuncio completo

TARXETA DE BENVIDA
02/01/2017

O Concello de Outes anuncia que a Consellería de Política Social publicou axudas para familias que teñan un fillo/a nado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2017.

Ver anuncio completo