Imaxe institucional

O concello de Outes é unha administración pública con séculos de historia. Como todas as entidades, o concello debe evolucionar cos tempos e adaptarse á realidade que o circunscribe. A imaxe institucional que sempre definiu ao concello caracterízase en dous elementos principais: a ponte e o río Tins. Nos últimos tempos é evidente que a ausencia dun manual de identidade institucional así como a carencia dunhas indicacións básicas para o uso da imaxe oficial do concello é un problema para visibilizar a seriedade desta institución así como supón un obstáculo na mellora da comunicación coa cidadanía. 

A renovación de imaxe institucional, co seu conseguinte manual, é imprescindible para avanzarmos nunha administración pública actualizada aos tempos actuais, que aposta na mellora das comunicacións e fai un esforzo maior na transparencia activa de cara aos cidadáns.

Co obxectivo de mellorar a comunicación coa cidadanía, adaptar a linguaxe visual que emprega o concello aos estándares contemporáneos e harmonizar a estética nas comunicacións que emite a administración para aportar unha maior seriedade e solvencia, procedeuse co redeseño e elaboración do seguinte manual de imaxe institucional do Concello de Outes. A nova imaxe institucional quere ser reflexo da historia do noso concello mais adaptándoa aos recursos comunicativos actuais, é por iso polo que reflexa a ponte e o río Tins no seu deseño.

Este novo manual suporá, máis aló dos beneficios evidentes, un aforro á longa posto que deixará claras as pautas na comunicación gráfica municipal. Nos seguintes meses, o concello lanzará ao público melloras importantes que forman parte desta reestruturación en materia de comunicación: redeseño integral da páxina web municipal e a creación dunha aplicación móbil de información e avisos oficial.

.

 

SÍMBOLO

 

Descargar versión en cor Descargar versión en negro Descargar versión en branco
[PNG] [PNG] [PNG]

 

 


 

MARCA INSTITUCIONAL

 

Descargar versión en cor Descargar versión en negro Descargar versión en branco
[PNG] [PNG] [PNG]

 

 


 

MARCA INSTITUCIONAL EN HORIZONTAL

 

Descargar versión en cor Descargar versión en negro Descargar versión en branco
[PNG] [PNG] [PNG]

 


 

TIPOGRAFÍA

 Descargar a tipografía Open Sans

 


 

MANUAL DE IDENTIDADE CORPORATIVA

 Ver o manual de identidade corporativa