Punto Limpo

O Punto Limpo de Outes é unha instalación onde se efectúa a recepción de certos tipos de residuos domésticos previamente seleccionados que pola súa natureza non son obxecto habitual do servizo de recollida de residuos urbáns. Constitúe, por tanto, un sistema de recollida selectiva, sendo un centro de recepción, almacenaxe, selección e valoración dos residuos municipais que non teñan canalización de recollida diaria, nin domiciliaria. Poderán utilizar o Punto Limpo todos os veciños do Concello de Outes que queiran depositar os seus residuos domiciliarios de forma selectiva.
HORARIO DO PUNTO LIMPO
  • Martes e xoves: de 18:00 h a 20:00 h
  • Sábados: de 10:00 h a 13:00 h
TIPOS DE RESIDUOS ADMISIBLES NO PUNTO LIMPO
RESIDUOS COMÚNS
  • Vidro
  • Papel e cartón
  • Bricks, latas e envases similares
  • Madeira
  • Metais: aluminio, ferro, cobre, bronce, aceiro inoxidable, etc.
  • Plásticos
  • Residuos textis
RESIDUOS VOLUMINOSOS
  • Electrodomésticos: 2 cada clase/ano/domicilio
  • Mobles, colchóns, somieres: 2 por ano e domicilio
  • Escombros de pequenas reparacións no fogar: 80 Kg./mes/domicilio
RESIDUOS TÓXICOS E PERIGOSOS
  • Aceites vexetais de cociña e aceites minerais
  • Baterías de automóbil
  • Disolventes
  • Pilas
  • Sprays/aerosois
  • Radiografías
  • Fluorescentes
Recorde que os residuos deben estar perfectamente separados, nunca mesturados.
TIPOS DE RESIDUOS NON ADMISIBLES NO PUNTO LIMPO
  • Materiais sen clasificar
  • Materia orgánica
  • Residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou cotilóxicos.
  • Residuos radioactivos (pararraios,...)
  • Residuos industriais de empresas.
  • Residuos agrícolas ou gandeiros
  • Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas
  • Productos procedentes de decomisados
  • Pneumáticos
  • Medicamentos ou envases dos mesmos
  • Recipientes voluminosos metálicos ou plásticos de aproximadamente 25 litros ou superiores que contivesen productos tóxicos ou perigosos
  • Calquera outro residuo que non se enumere na lista de recursos admisible, e que sexa facilmente identificable.