Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
12/04/2024O Concello de Outes publica un bando para anunciar ás persoas propietarias de parcelas na faixa secundaria de protección de 50 metros ao redor dos núcleos de poboación, que as deben manter rozadas e libre de árbores (piñeiros, eucaliptos e acacias).
ELECCIÓN XUÍZ DE PAZ
16/02/2024O Concello de Outes informa que dende o día 9 de febreiro até o día 4 de marzo de 2024, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para nomeamento como XUIZ DE PAZ TITULAR do Concello de Outes.
As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
AMPLIACIÓN DE HORARIOS POLA CELEBRACIÓN DO ENTROIO 2024
06/02/2024O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche de establecementos públicos, en todo o termo municipal, durante as noites do venres 9 e do martes 12 de febreiro do 2024.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
AMPLIACIÓN DE HORARIOS POLAS FESTAS DE SAN CAMPIO
25/09/2023O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche de establecementos públicos e de finalización dos espectáculos públicos das actividades recreativas, en todo o termo municipal, durante as noites do xoves 28 e do venres 29 de setembro do 2023.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DO 23 DE XULLO 2023
05/06/2023Entre os días 5 e 12 de xuño, ámbolos dous incluídos, estará exposto o Censo Electoral para todas aquelas persoas que precisen consultalo. Se algún dos seus datos censuais presenta erros, poderá presentar a reclamación correspondente.
ELECCIÓN DE XUIZ DE PAZ SUBSTITUTO DO CONCELLO DE OUTES
17/11/2022O Concello de Outes publica a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz Substituto.
NOTA: Para a xustificación de antecedentes penais bastará cunha declaración xurada.
Categorías
- Proceso de estabilización de emprego
- oferta de emprego
- arquitecto técnico
- técnico medioambiente
- PEL
- Bando
- Pampallín
- Licitación
- actividades
- Outes Concilia
- anuncio
- Escola Infantil Municipal
- SAF
- CIM
- Entroido
- Resolución
- axudas
- concesión cafetería
- deportes
- Nadal
- subvencións
- Madrugadores
- Brigada de incendios
- socorristas
- campamentos
- Escola Infantil
- RISGA
- APROL RURAL
- impostos
- SAT
- piscina
- PAI
- PXOM
- bando
- ADL
- formación
- ENIL
- proxecto
- PACES
- cim
- proxecto
- ordenanzas e regulamentos