Taboleiro de anuncios

CONSULTA PÚBLICA: ORDENANZA REGULADORA SOBRE PRÉSTAMO DE MATERIAL ASISTENCIAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
15/03/2024

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, e no marco do proceso de elaboración do proxecto de Ordenanza Reguladora sobre préstamo de material asistencial para persoas con discapacidade, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.

Os/as cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 20 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas.

 Anuncio de Consulta Pública.

 Proposta de Ordenanza Reguladora sobre préstamo de material asistencial para persoas con discapacidade.

TRAIL DE OUTES 2024
15/03/2024

O vindeiro domingo, 17 de marzo, terá lugar o Trail de Outes 2024. As probas terán coma punto de inicio e chegada a Horta do Muíño, pero os diferentes percorridos das probas do evento pasarán por diversos núcleos de poboación ao longo da mañá e cruzarán algunha estrada do concello,

  • Pasará por Brión de Arriba
  • Pasará por Vilar de Outes
  • Pasará por Outes
  • Pasará por Río de Outes
  • Pasará pola Cruz, onde cruzará a estrada provincial
  • Cruzará a estrada provincial no Barco (ao pasar Lantarou dirección San Lourenzo)
  • Pasará por Boel
  • O tramo de estrada que vai á piscina municipal dende o Areal permanecerá pechado de 10:30 a 14:00 horas

Ao longo da mañá e en todo o percorrido das diversas probas haberá efectivos da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e diverso persoal voluntario da organización de apoio para xestionar o paso dos participantes.

A saída das probas será ás 10:30 h e o remate estimado é sobre as 14:15 h, polo que ao longo da mañá pasarán participantes das diversas probas polos puntos indicados. Pedimos comprensión e desculpas polos inconvenientes que esta proba poida ocasionar ao longo da mañá.

O PLENO DE OUTES APROBA POR UNANIMIDADE A DECLARACIÓN DE DEREITOS DO RÍO TINS
05/03/2024

O pleno do Concello de Outes acordou por unanimidade a Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da súa comunidade ribeirá, un texto que fora consensuado pola veciñanza e que agora adoptou formalmente a corporación municipal.

Trátase da primeira vez que un concello recoñece expresamente os dereitos dun elemento natural, neste caso os do río Tins, incluíndo o dereito á protección e á conservación, ou a non ser danado nin contaminado. A declaración, aprobada o 29 de febreiro, tamén asume unha serie de compromisos colectivos para asegurar que estes dereitos son respectados.

 Máis información

 Ver declaración

CONCESIÓN DA CAFETERIA DO CENTRO SOCIAL DE OUTES
22/12/2023

O concello de Outes comunica que queda aberto o prazo para a presentación de ofertas para a concesión da CAFETERIA do CENTRO SOCIAL de Outes.

 Máis información 

PISCINA MUNICIPAL: PARADA TÉCNICA POR MANTEMENTO
20/12/2023

O Concello de Outes informa que a piscina municipal estará pechada por mantemento os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro.

Desculpen as molestias.

ANUNCIO: PUNTUACIÓNS DO PROCESO SELECTIVO DE PROMOCIÓN INTERNA (PRAZA DE TECNICO CULTURA E MOCIDADE)
10/07/2023

O Concello de Outes publica as puntuacións do proceso selectivo de promoción interna da praza de técnico de cultura e mocidade.

 Ver anuncio

ANUNCIO: PUNTUACIÓNS DO PROCESO SELECTIVO DE PROMOCIÓN INTERNA (PRAZA DE TÉCNICA AUXILIAR BIBLIOTECA)
10/07/2023

O Concello de Outes publica as puntuacións do proceso selectivo de promoción interna da praza de técnica auxiliar biblioteca.

 Ver anuncio

ANUNCIO: PUNTUACIÓNS DO PROCESO SELECTIVO DE PROMOCIÓN INTERNA (PRAZA DE EDUCADORA FAMILIAR)
10/07/2023

O Concello de Outes publica as puntuacións do proceso selectivo de promoción interna da praza de educadora familiar.

 Ver anuncio

ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2023
11/04/2023

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 28 de marzo de 2023, aprobou  o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2023, composto por un total de 5.673 recibos.

 Ver anuncio

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REXERÁN E REGULARÁN A CONVOCATORIA E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS EXTRAORDINARIOS DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL NO CONCELLO DE OUTES
02/02/2023

O Concello de Outes publica o anuncio de convocatoria e bases xerais e específicas que rexerán e regularán a convocatoria e desenvolvemento dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal.

 Ver anuncio

DECLARACIÓNS DESFAVORABLES DE IMPACTO AMBIENTAL RELATIVAS AOS PROXECTOS DE PARQUES EÓLICOS QUE AFECTAN AO CONCELLO DE OUTES
20/01/2023

A Xunta de Galicia informou desfavorablemente o impacto ambiental dos proxectos de parques eólicos de Maragouto, Sancosmeiro, O Vao e A Vaqueira, que afectaban ao noso concello.

 Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico Maragouto

 Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico Sancosmeiro

 Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico O Vao

 Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico A Vaqueira

MELLORA ENERXÉTICA DE DIVERSAS ILUMINACIÓNS EXTERIORES DO CONCELLO DE OUTES
02/12/2022

 

MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM PARA CHAN INDUSTRIAL. INFORMACIÓN PÚBLICA
01/12/2022

Apertura do período de información pública da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes.

Aprobada inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes por acordo plenario, no Pleno ordinario do Concello de Outes celebrado o 25.08.2022, procedese á apertura do período de información pública durante dous meses para a presentación das alegacións que se estimen pertinentes.

O expediente, con tódolos documentos que integran o Plan Xeral incluído o estudo ambiental estratéxico, poden descargarse picando no seguinte enlace:

 Descarga de documentos

ELECCIÓN DE XUIZ DE PAZ SUBSTITUTO DO CONCELLO DE OUTES
17/11/2022

O Concello de Outes publica a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz Substituto.

NOTA: Para a xustificación de antecedentes penais bastará cunha declaración xurada.

 Ver bando

 Instancia e declaración responsable

A PIQUES DE REMATAR A OBRA “MELLORA ENERXÉTICA DE DIVERSOS ALUMEADOS EXTERIORES DO CONCELLO DE OUTES”
12/08/2022

En decembro de 2019 o IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía) concedeulle a este noso Concello unha subvención para financiar con fondos europeos o 80% do proxecto de aforro enerxético nos alumeados públicos, un proxecto que ascende a 846.516,30 €.

Nos últimos meses puideron verse os avances da obra que está a piques de rematar, na que o montante principal corresponde á sustitución da maior parte das luminarias do alumeado público do concello por luces led, a modernización de cuadros eléctricos de alumeado público, así como a sustitución das luminarias dos paseos de Pontenafonso e Broña.

 

PROCESO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO PARQUE EÓLICO O VAO
18/07/2022

O Concello de Outes informa de que está en proceso de información pública o parque eólico do Vao.

 Máis información

BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS AO PROCESO DE SELECCIÓN
28/06/2022

O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía aprobando a listaxe definitiva de admitidos e data de realización do primeiro exame para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.

 Ver resolución

BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS AO PROCESO DE SELECCIÓN
23/06/2022

O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía aprobando a listaxe provisional de admitidos ao proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.

 Ver resolución

INFORMACIÓN PÚBLICA DA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO BANZAS NOS CONCELLOS DE OUTES, NEGREIRA E MAZARICOS
25/04/2022

O Concello de Outes informa que no DOG do 25 de abril se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos.

O anuncio pode verse completo no seguinte enlace:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220425/AnuncioG0596-290322-0005_gl.html

INFORMACIÓN PÚBLICA DA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO MARAGOUTO NOS CONCELLOS DE OUTES E MAZARICOS
19/04/2022

O Concello de Outes informa que no DOG do 19 de abril se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Maragouto, nos concellos de Outes e Mazaricos.

O anuncio pode verse completo no seguinte enlace:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220419/AnuncioG0596-060422-0001_gl.html

CENTRO PARA A TRANSFORMACIÓN DO LIXO MARIÑO
11/02/2022

O Concello de Outes participa nesta iniciativa subvencionada polo GALP Costa Sostible xunto coa Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia, Asociación A Creba, Asociación de Saúde Mental Misela e o Centro especial de emprego ADISBISMUR.

O principal obxectivo do proxecto é promover o aproveitamento de restos e lixo mariño derivado da actividade pesqueira e a súa reintrodución no sector, xerando dinámicas de economía circular e minorizando o impacto da contaminación nos recursos naturais e entorno mariño e costeiro. Ademais o proxecto diríxese á integración social, contribuíndo á súa vez a reforzar á colaboración entre axentes, ao coidado ambiental e á dinamización económica da zona costeira.

O proxecto implica a transformación social e a defensa dos intereses colectivos e do ben común, apoiando a xeración de redes de traballo colaborativo entre o sector pesqueiro, entidades de inclusión e concello, deseñando un proxecto de economía circular que se centra no aproveitamento de recursos ou refugallos das actividades pesqueiras, dándolle un novo uso dirixido centralmente á actividade pesqueira.

 

 Ver resolución da Consellería do Mar

PROPOSTA PARA A DECLARACIÓN COMO ESPAZO NATURAL DE INTERESE LOCAL (ENIL) “MONTE DA PENA”
25/01/2022

O Pleno da Corporación acordou iniciar o procedemento para solicitarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a declaración do Espazo Natural de Interese Local “Monte da Pena”.

Polo tanto, exponse ao público dita proposta coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar ante o Concello, no prazo dun mes, as suxestións e alegacións que xulguen oportunas.

 Ver o certificado de acordo

 Ver memoria descriptiva para a solicitude de declaración do ENIL

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES)
01/12/2021

O Concello de Outes ven de aprobar no seu pleno municipal o Plan de acción municipal para o clima e a enerxía sustentable. A elaboración e aprobación deste Plan é un factor fundamental na loita contra o cambio climático e tamén para o fomento do uso das enerxías renovables.

 Ver plan

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO “PARQUE EÓLICO VAQUEIRA”
29/10/2021

O Concello de Outes publica, para a súa exposición pública, a documentación do proxecto Parque eólico Vaqueira”.

 Documentación do proxecto

 Xustificante de saída

 Máis información e documentación

ANUNCIO: ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL E A SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PREVIA DO PARQUE EÓLICO SETE FONTES
18/10/2021

O Concello de Outes informa do anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia, polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Sete Fontes de 54  MW e a súa infraestrutura de evacuación.

Ver anuncio no BOE

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO “SOLUCIÓN DE EVACUACIÓN CONXUNTA DOS PARQUES EÓLICOS MARAGOUTO E BANZAS”
13/10/2021

O Concello de Outes publica, para a súa exposición pública, a documentación do proxecto “SOLUCIÓN DE EVACUACIÓN CONXUNTA DOS PARQUES EÓLICOS MARAGOUTO E BANZAS”

 Documentación do proxecto

 Xustificante de saída

 Acuse de recibo

 Máis información e documentación

ANUNCIO DE CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A CESIÓN DE USO DE PREDIOS RÚSTICOS MUNICIPAIS NO LUGAR DE GOSENDE, EN VALADARES
17/09/2021

O Concello de Outes anuncia unha convocatoria para a cesión de uso de predios rústicos municipais.

 Ver anuncio

MODELO DE CARTEL PEL-REACTIVA
23/03/2021

Segundo as obrigas das bases reguladoras das axudas PEL-Reactiva, poñemos a disposición dos negocios beneficiarios un modelo de cartel no que se fai pública a axuda da Deputación da Coruña e o Concello de Outes.

 Descargar cartel

DESPREGUE DA FIBRA ÓPTICA EN OUTES
23/02/2021

Segundo nos trasladan da empresa que está a realizar o despregue da fibra óptica no concello, do que é responsable Telefónica, nas últimas semanas realizáronse as obras de conexión nos lugares de Catasueiro, Áspera e Viro. O servizo aínda tardará en estar efectivo canto menos un mes. O plan segue coas obras de Villardigo, Cuns e Lagoa.

Por outra banda, os problemas de conexión na rúa da Capela, na Serra de Outes, tamén están sendo solucionados co que o servizo poderá ser efectivo proximamente.

Picar aquí para ver as previsións de despregue nos distintos lugares do concello.

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO
07/11/2020

O Concello de Outes publica o certificado de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de recollida e tratamento de lixo.

 Ver certificado

LOCAL DE ENSAIO DO CONCELLO DE OUTES
14/10/2020

O Concello de Outes pon a disposición da cidadanía do concello e/ou xente vinculada ao mesmo cunha relación de traballo e/ou familia un espazo para o ensaio musical.

O local de ensaio está situado nunha aula do antigo colexio do Cruceiro de Roo e conta cun espazo insonorizado e dispón tamén dun almacén para gardar os instrumentos.

 Ver normas de uso do local de ensaio 

 Folla de solicitude do local de ensaio

DEPÓSITO DO LIXO NOS CONTEDORES
06/05/2020

A FEGAMP recomenda pechar as tapas dos contedores de lixo. As tapas deben permanecer pechadas por hixiene, para evitar cheiros, minimizar a proliferación de animais e insectos e por cuestións económicas.

A contaminación de coronavirus polo contacto directo coas tapas dos contedores pódese evitar co uso de luvas cando se vaia depositar o lixo, botando un xel hidroalcólico e lavando as mans con auga e xabón. Estas medidas son efectivas e evitan a exposición da poboación aos riscos sanitarios derivados de deixar as tapas dos contedores abertas.

Ver circular da FEGAMP

MODIFICACIÓN NOS TRÁMITES PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS MENORES DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO NAS PROXIMIDADES DOS RÍOS
22/04/2020

O Concello de Outes anuncia que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou un novo decreto para facilitar a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Trátase da modificación do Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, que aumenta os casos nos que se pode substituír o trámite de autorización polo de declaración responsable. Inclúense traballos menores na zona de policía dos ríos da demarcación Galicia-Costa, en xeral unha franxa de 100 metros a cada lado das canles dos ríos.

Este cambio no regulamento introduce ademais que os traballos menores do dominio público hidráulico ou na zona de policía poidan comezarse dende o mesmo momento da prestación da declaración responsable, o que axiliza a súa tramitación.

Descargar folleto informativo

CERTIFICADO DE ACORDO PLENARIO
03/04/2020

O Concello de Outes informa do acordo de aprobación do Plan Anual Normativo para o ano 2020.

Ver o certificado do acordo

PROXECTO MUSEISTICO ESTALEIRO “CIPRIAN”
17/01/2020

O proxecto museográfico define as características xerais da exposición que albergará o futuro estaleiro rehabilitado, onde o fío condutor será a Carpintería de Ribeira: a edificación, o oficio e as súas técnicas construtivas.

O proxecto é froito dos arquitectos Iago Fernández Penedo e Óscar Fortes Dopico, (A tese doutoral de Fortes versa sobre as arquitecturas das carpinterías de ribeira en Galicia) e afrontouse como unha actuación de consolidación e respecto polo antigo estaleiro tradicional, mantendo os volumes que configuraban a carpintería de ribeira orixinal, sen modificala, tal cal chegou aos nosos días, debido a que é froito da evolución e da memoria da actividade de construción de embarcacións de madeira que alí se desenvolvían.

A idea expositiva non trata de presentar toda a información dispoñible sobre o tema se non que busca elaborar unha síntese que axude á interpretación, que simplifique a visita e a aprendizaxe. Pódense expor instrumentos que amplíen e concreten o discurso: exposicións temporais, actividades de difusión, publicacións, visitas guiadas... A idea é converter toda a área como un exemplo vivo do tradicional oficio de construcións de madeira, que sirva como un referente na defensa, a posta en valor e a continuidade da identidade e memoria do patrimonio marítimo galego en xeral, e en concreto do municipio de Outes.

Ver proxecto

 

PROXECTO FINANCIADO POLA UNION EUROPEA A TRAVÉS DO GRUPO DE ACCION LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO-SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS-NOIA: COSTA SOSTIBLE.