Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
BASES PARA A LICITACIÓN DA BARRA E POLBEIRA DO PAMPALLÍN
25/03/2024O concello de Outes aproba e publica as bases de licitación para a explotación dos seguintes servizos para a :
- Barra para o servizo bar do Pampallín
- Polbeira do Pampallín
Nos dous casos puntuará 20 puntos a oferta económica, partindo dun mínimo de 600€, e 10 puntos os anos de experiencia no sector.
O prazo de solicitudes aínda non está aberto e terá unha duración de 5 días hábiles dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Podes consultar as bases para a barra do servizo bar do Pampallín nesta ligazón: https://outes.sedelectronica.gal/transparency/4aec39f1-4ca4-406c-b8a3-ecee457aa8de/
Podes consultar as bases para o servizo de Polbeira do Pampallín nesta ligazón: https://outes.sedelectronica.gal/transparency/3e64afb3-3cf4-42e0-a2c8-eb930122d986/
SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓNS DO PRIMEIRO EXERCICIO.
21/03/2024Segundo o disposto no apartado 7.3.3 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición.
Polo Tribunal acórdase convocar ós/ás aspirantes para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, o vindeiro día 5 de abril de 2024, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Outes.
Ver anuncio coa puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición
TEMPO DE PASCUA 2024: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS
18/03/2024O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as no servizo de conciliación “TEMPO DE PASCUA”, do programa Outes Concilia.
PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
18/03/2024O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal e baremación provisonal, xunto co prazo de alegacións, das seguintes prazas incluídas no proceso de estabilización:
- CO1. AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO
- C05. DIRECTOR/A DE BANDA DE MÚSICA
- C06. TÉCNICO/A DE DEPORTES
- C07. RESPONSABLE CENTRO NÁUTICO/PISCINA MUNICIPAL
- C11. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE ETAP/EDAR E SERVIZOS BÁSICOS
- C12. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE OBRAS E MANTEMENTO
- C13. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-APOIO ELECTRICIDADE
- C14.OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES
- C17. TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A
- C21.TÉCNICO/A PROMOCIÓN/DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E SOCIOCULTURAL
- C10.CONDUTOR/A SERVIZOS MÚLTIPLES
SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓN FINAL DA FASE DE CONCURSO.
15/03/2024Segundo o disposto no apartado 7.2.2 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación final da fase de Concurso, determinada pola suma das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes respecto dos méritos obxecto de valoración nesta fase.
Segundo o disposto na base 7.2.2 da convocatoria, establécese un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións obtidas na fase de concurso, para formular as alegacións/reclamacións que no seu caso estimen pertinentes.
CONSULTA PÚBLICA: ORDENANZA REGULADORA SOBRE PRÉSTAMO DE MATERIAL ASISTENCIAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
15/03/2024De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, e no marco do proceso de elaboración do proxecto de Ordenanza Reguladora sobre préstamo de material asistencial para persoas con discapacidade, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.
Os/as cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 20 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas.
TRAIL DE OUTES 2024
15/03/2024O vindeiro domingo, 17 de marzo, terá lugar o Trail de Outes 2024. As probas terán coma punto de inicio e chegada a Horta do Muíño, pero os diferentes percorridos das probas do evento pasarán por diversos núcleos de poboación ao longo da mañá e cruzarán algunha estrada do concello,
- Pasará por Brión de Arriba
- Pasará por Vilar de Outes
- Pasará por Outes
- Pasará por Río de Outes
- Pasará pola Cruz, onde cruzará a estrada provincial
- Cruzará a estrada provincial no Barco (ao pasar Lantarou dirección San Lourenzo)
- Pasará por Boel
- O tramo de estrada que vai á piscina municipal dende o Areal permanecerá pechado de 10:30 a 14:00 horas
Ao longo da mañá e en todo o percorrido das diversas probas haberá efectivos da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e diverso persoal voluntario da organización de apoio para xestionar o paso dos participantes.
A saída das probas será ás 10:30 h e o remate estimado é sobre as 14:15 h, polo que ao longo da mañá pasarán participantes das diversas probas polos puntos indicados. Pedimos comprensión e desculpas polos inconvenientes que esta proba poida ocasionar ao longo da mañá.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE OUTES. CURSO 2024/2025
07/03/2024O Concello de Outes publica o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias da Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2024/2025.
O PLENO DE OUTES APROBA POR UNANIMIDADE A DECLARACIÓN DE DEREITOS DO RÍO TINS
05/03/2024O pleno do Concello de Outes acordou por unanimidade a Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da súa comunidade ribeirá, un texto que fora consensuado pola veciñanza e que agora adoptou formalmente a corporación municipal.
Trátase da primeira vez que un concello recoñece expresamente os dereitos dun elemento natural, neste caso os do río Tins, incluíndo o dereito á protección e á conservación, ou a non ser danado nin contaminado. A declaración, aprobada o 29 de febreiro, tamén asume unha serie de compromisos colectivos para asegurar que estes dereitos son respectados.
SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITECTO/A TÉCNICO MUNICIPAL. CORRECCIÓN DE ERROS NA LISTAXE PROVISIONAL-DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS AO PROCESO DE SELECCIÓN
01/03/2024O concello de Outes publica unha corrección de erros referida á listaxe provisoional-definitiva, de aspirantes admitidos/as ao proceso de selección de Arquitecto Técnico Municipal.
SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
01/03/2024O concello de Outes informa da publicación da lista provisional de aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.
Gañadores do concurso de entroido 2024
19/02/2024Publicados os participantes gañadores do concurso de disfraces do entroido-enterro da sardiña 2024
VEHÍCULO PARA O SAF FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
16/02/2024Dende este mes de febreiro o Concello de Outes conta cun vehículo para o desprazamento do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
O coche, financiado pola Deputación da Coruña acorde á resolución do 15 de maio de 2023, foi recollido polo alcalde de Outes, Manuel González López, e máis o concelleiro de Deportes, Igualdade e Benestar, José Antonio Caamaño Lestón.
ELECCIÓN XUÍZ DE PAZ
16/02/2024O Concello de Outes informa que dende o día 9 de febreiro até o día 4 de marzo de 2024, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para nomeamento como XUIZ DE PAZ TITULAR do Concello de Outes.
As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
SERVIZO DE CONCILIACIÓN “TEMPO DE ENTROIDO 2024”
13/02/2024O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidas/os no servizo de conciliación Tempo de Entroido 2024, do programa Outes Concilia.
SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITÉCTO/A TÉCNICO MUNICIPAL. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A LISTAXE PROVISIONAL-DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS AO PROCESO DE SELECCIÓN
09/02/2024O concello de Outes publica o Decreto de resolución coa listaxe definitiva de admitidos/as, data, hora e lugar da celebración do primeiro exercicio da fase de oposición ao proceso de selección de Arquitecto Técnico Municipal.
SERVIZO DE CONCILIACIÓN “TEMPO DE ENTROIDO 2024”
06/02/2024O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidas/os no servizo de conciliación Tempo de Entroido 2024, do programa Outes Concilia.
AMPLIACIÓN DE HORARIOS POLA CELEBRACIÓN DO ENTROIO 2024
06/02/2024O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche de establecementos públicos, en todo o termo municipal, durante as noites do venres 9 e do martes 12 de febreiro do 2024.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. DECRETO RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA E APROBACIÓN BOLSA DE EMPREGO
02/02/2024O concello de Outes publica o Decreto de resolución da convocatoria e aprobación da bolsa de emprego no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA
02/02/2024O concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
PROCESO DE ESTABILIZACIÓN: ANUNCIO DE NOMEAMENTO DE TRIBUNAL
25/01/2024O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 25 de xaneiro de 2024 (BOP nº 19) do anuncio co nomeamento do tribunal de selección do proceso extraordinario de estabilización.
SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
17/01/2024O concello de Outes informa da publicación no BOP do día 16/01/2024 (Nº 12) das bases que regulan o proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”
O proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes” conta o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTP) financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Bases da convocatoria: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/01/16/2024_0000000185.html
Anexos:
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO ANO 2023
15/01/2024O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia con data do 15/01/2024 (Nº 11) da oferta pública de emprego correspondente ao ano 2023.
Máis información: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/01/15/2024_0000000162.pdf
AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE: RESOLUCIÓN
08/01/2024O Concello de Outes publica a resolución das axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade 2023.
CONCESIÓN DA CAFETERIA DO CENTRO SOCIAL DE OUTES
22/12/2023O concello de Outes comunica que queda aberto o prazo para a presentación de ofertas para a concesión da CAFETERIA do CENTRO SOCIAL de Outes.
I GALA DO DEPORTE MUNICIPAL DO CONCELLO DE OUTES: LISTADO DOS FINALISTAS
22/12/2023O concello de Outes publica o listado dos finalistas nas diferentes categorías da I Gala do Deporte.
TEMPO DE NADAL 2023-2024: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS
21/12/2023O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidas/os no servizo de conciliación “Tempo de Nadal” 2023-24.
PISCINA MUNICIPAL: PARADA TÉCNICA POR MANTEMENTO
20/12/2023O Concello de Outes informa que a piscina municipal estará pechada por mantemento os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro.
Desculpen as molestias.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. FASE DE OPOSICIÓN
18/12/2023O concello de Outes publica a acta de desenvolvemento do segundo exercicio da fase de oposición xunto coa resolución de alegacións presentadas á fase de concurso no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
TEMPO DE NADAL 2023-2024: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS
18/12/2023O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidas/os no servizo de conciliación “Tempo de Nadal” 2023-24.
ANUNCIO DE APERTURA DE SOLICITUDES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS, COMISIÓNS DE FESTAS, SOCIAIS E DEPORTIVAS DE INTERESE PÚBLICO 2023
12/12/2023O concello anuncia que xa está aberto o prazo para as solicitudes das subvencións para actividades culturais, comisións de festas, sociais e deportivas de interese público 2023.
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actividades, sempre e cando se organicen:
- Por entidades que teñan a súa sede no termo municipal de Outes;
- Por entidades que, sen ter a sede no termo municipal, realicen unha parte significativa da súa actividade no mesmo ou teñan como beneficiarios/destinatarios unha pluralidade de veciños do municipio.
- Actividades culturais: gastos correntes derivados de celebracións, exposicións, concursos, certames, mostras, excursións, conferencias, estudos, etc., e en xeral, actividades dirixidas á conservación, promoción ou divulgación das tradicións e valores culturais propios do municipio de Outes.
- Actividades deportivas: gastos correntes de funcionamento e participación en campionatos deportivos como fichas de inscrición en competicións, desprazamentos, mantemento de instalacións, etc. ou organización doutras actividades deportivas de interese público.
- Actividades realizadas polas ANPAS dos centros de ensino do Concello: gastos correntes de funcionamento e organización de actividades.
- Actividades levadas a cabo por entidades ou persoas organizadoras de festas patronais ou tradicionais do municipio de Outes tales como a organización de concertos ou eventos musicais.
- Actividades de índole social dirixidas a colectivos de persoas con diversidade funcional: gastos correntes de funcionamento e organización de actividades.
AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE
29/11/2023O Concello de Outes informa de que xa se poden solicitar as axudas para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade.
Son axudas para persoas en situación de dependencia e/ou discapacidade que acrediten a necesidade dos apoios solicitados.
As actuacións subvencionables son:
- Adaptación funcional do fogar e supresión de barreiras na vivenda.
- Adquisición de próteses dentais e auditivas.
- Adquisición e axudas técnicas ou produtos de apoio de uso persoal e intransferible.
A data límite para a presentación de solicitudes é o 19 de decembro de 2023.
Máis información nos servizos sociais do concello (teléfono 981 850 003)
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. FASE DE OPOSICIÓN
24/11/2023O concello de Outes publica a acta de desenvolvemento do primeiro exercicio da fase de oposición e data de celebración do segundo exercicio no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. FASE DE CONCURSO
22/11/2023O concello de Outes publica a acta de valoración da fase de concurso no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
Anuncio das bases reguladoras de subvencións para actividades culturais, comisións de festas, sociais e deportivas de interese público 2023
07/11/2023O concello pubica as bases reguladoras das subvencións para actividades culturais, comisións de festas, sociais e deportivas de interese público 2023.
Na ligazón do pé da publicación pode consultalas.
É importante subliñar que esta publicación non é a convocatoria e que o prazo de admisión de solicitudes abriráse nunha publicación posterior a esta.
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actividades, sempre e cando se organicen:
• Por entidades que teñan a súa sede no termo municipal de Outes;
• Por entidades que, sen ter a sede no termo municipal, realicen unha parte significativa da súa actividade no mesmo ou teñan como beneficiarios/destinatarios unha pluralidade de veciños do municipio.
a) Actividades culturais: gastos correntes derivados de celebracións, exposicións, concursos, certames, mostras, excursións, conferencias, estudos, etc., e en xeral, actividades dirixidas á conservación, promoción ou divulgación das tradicións e valores culturais propios do municipio de Outes.
b) Actividades deportivas: gastos correntes de funcionamento e participación en campionatos deportivos como fichas de inscrición en competicións, desprazamentos, mantemento de instalacións, etc. ou organización doutras actividades deportivas de interese público.
c) Actividades realizadas polas ANPAS dos centros de ensino do Concello: gastos correntes de funcionamento e organización de actividades.
d) Actividades levadas a cabo por entidades ou persoas organizadoras de festas patronais ou tradicionais do municipio de Outes tales como a organización de concertos ou eventos musicais.
e) Actividades de índole social dirixidas a colectivos de persoas con diversidade funcional: gastos correntes de funcionamento e organización de actividades.
Anuncio das bases reguladoras das axudas individuais destinas á promoción da autonomía persoal e accesibilidade 2023
06/11/2023Na seguinte ligazón poderás consultar as bases para as axudas individuais destinas á promoción da autonomía persoal e accesibilidade 2023.
É importante subliñar que esta publicación non é a convocatoria e que o prazo de admisión de solicitudes abriráse nunha publicación posterior a esta.
A finalidade destas axudas é a de colaborar en determinados gastos, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2023, destinados a:
· Apoiar á persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio, para o normal desenvolvemento da vida diaria.
· Facilitar adaptacións funcionais do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda e no exterior sempre que a zona onde se realice a actuación sexa de carácter privativo, que contribúan a mellorar a autonomía persoa e a previr situacións de dependencia maiores, así como mellorar a súa accesibilidade.
· Adquisición de próteses dentais e audiófonos ao obxecto de compensar as limitacións funcionais.
BASES DA I GALA DO DEPORTE MUNICIPAL DO CONCELLO DE OUTES
06/11/2023Xa están publicadas as bases para particpar na I Gala do Deporte de Outes. Xúntanse tamén os anexos que é preciso cumplimentar.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
26/10/2023O concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a, así como a data e lugar de celebración do primeiro exame.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. CORRECCIÓN ERRO MATERIAL LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
26/10/2023O concello de Outes publica a correción dun erro material na listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
PROCESO DE ESTABILIZACIÓN: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DE VARIAS PRAZAS
25/10/2023O Concello de Outes informa da publicación, no Boletín Oficial da Provincia do 25 de outubro, das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das seguintes prazas incluídas no proceso de estabilización:
-
Praza asesor/a xurídico do CIM: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008329.html
-
Praza psicólogo/a CIM: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008342.html
-
Praza responsable centro náutico/piscina municipal: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008344.html
-
Praza coordinador/a PAI: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008345.html
-
Praza auxiliar PAI: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008346.html
-
Prazas condutor/a servizos múltiples: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008347.html
-
Praza operario/a servizos múltiples-responsable etap/edar e servizos básicos: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008348.html
-
Praza operario/a servizos múltiples-responsable obras e mantemento: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008350.html
-
Praza operario/a servizos múltiples-apoio electricidade: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008351.html
-
Prazas operario/a servizos múltiples: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008352.html
-
Prazas monitor/a-socorrista (piscina): https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/10/25/2023_0000008353.html
AMPLIACIÓN DE HORARIOS POLAS FESTAS DE SAN CAMPIO
25/09/2023O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche de establecementos públicos e de finalización dos espectáculos públicos das actividades recreativas, en todo o termo municipal, durante as noites do xoves 28 e do venres 29 de setembro do 2023.
Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
15/09/2023O concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS NO SERVIZO DE MADRUGADORES
08/09/2023O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidos/as no servizo de Madrugadores, do Programa “Outes Concilia”, para o curso 2023-2024.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS NO SERVIZO DE MADRUGADORES
07/09/2023O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as no servizo de Madrugadores, do programa “Outes Concilia”, para o curso 2023-2024.
PROCESO DE ESTABILIZACIÓN: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DE VARIAS PRAZAS
23/08/2023O Concello de Outes informa da publicación, no Boletín Oficial da Provincia do 23 de agosto, das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das seguintes prazas incluídas no proceso de estabilización:
- Prazas Técnico/a de deportes: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006814.html
- Prazas Limpador/a: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006815.html
- Prazas Condutor/a servizos múltiples: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006816.html
- Prazas Auxiliar de axuda a domicilio: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006817.html
- Praza Traballador/a social: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006818.html
- Praza Técnico/a sociocultural: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006819.html
- Praza Técnico/a promoción/dinamización lingüística e sociocultural: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006820.html
- Praza Técnico/a informático: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006821.html
- Praza Recepcionista piscina: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006822.html
- Praza Orientador/a laboral: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006823.html
- Praza Limpador/a piscina: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006824.html
- Praza Director/a da banda de música: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006825.html
- Praza Conserxe limpador/a: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006826.html
- Praza Conserxe colexio: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006828.html
SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITECTO/A TÉCNICO/A DO CONCELLO DE OUTES
14/08/2023O Concello de Outes publica as bases da convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de arquitecto/a técnico/a do Concello de Outes, e a creación dunha bolsa de emprego para futuras incorporacións de persoal temporal.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
26/07/2023O Concello de Outes publica a acta nº 3 (resolución da convocatoria) do proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios 2023/2024.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
18/07/2023O Concello de Outes publica a ACTA Nº 1 (probas físicas e entrevistas) e a ACTA Nº2 (fase de concurso) do proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
14/07/2023O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista de admitidos/as, data e lugar da realización da proba física, data e lugar da realización das entrevistas e data de realización da proba de coñecemento de galego ao proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios.
ANUNCIO: PUNTUACIÓNS DO PROCESO SELECTIVO DE PROMOCIÓN INTERNA (PRAZA DE TECNICO CULTURA E MOCIDADE)
10/07/2023O Concello de Outes publica as puntuacións do proceso selectivo de promoción interna da praza de técnico de cultura e mocidade.
ANUNCIO: PUNTUACIÓNS DO PROCESO SELECTIVO DE PROMOCIÓN INTERNA (PRAZA DE TÉCNICA AUXILIAR BIBLIOTECA)
10/07/2023O Concello de Outes publica as puntuacións do proceso selectivo de promoción interna da praza de técnica auxiliar biblioteca.
ANUNCIO: PUNTUACIÓNS DO PROCESO SELECTIVO DE PROMOCIÓN INTERNA (PRAZA DE EDUCADORA FAMILIAR)
10/07/2023O Concello de Outes publica as puntuacións do proceso selectivo de promoción interna da praza de educadora familiar.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
04/07/2023No Boletín Oficial da Provincia nº 126, do 04.07.2023, publícanse as bases e a convocatoria do proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios do Concello de Outes.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A
29/06/2023No Boletín Oficial da Provincia nº 122, do 28.06.2023, publícanse as Bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de administrativo/a do Concello de Outes, e a creación dunha bolsa de emprego para futuras incorporacións de persoal temporal.
SELECCIÓN DE PERSOAL (PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2023): 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023
22/06/2023O concello de Outes publica a acta de desenvolvemento da fase de oposición, fase de concurso e resolución da convocatoria do proceso de selección de 5 postos de socorrista en espazos acuáticos naturais para a tempada de verán 2023.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS/OS.
21/06/2023O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa listaxe definitiva de admitidas/os e de agarda no Campamento de Verán 2023 do Programa “Outes Concilia”.
SELECCIÓN DE PERSOAL (PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2023): 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023
21/06/2023O concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as ao proceso de selección de 5 postos de socorrista en espazos acuáticos naturais para a tempada de verán 2023.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023
16/06/2023O concello de Outes ten solicitada ante a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade unha subvención para a contratación de socorristas en espazos acuáticos naturais. A selección deste persoal realizarase mediante oferta comunicada á oficina de emprego de Santiago-Norte. As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán estar inscritas como demandantes na oficina de emprego e ter solicitada a ocupación de Socorrista en espazos acuáticos naturais. A solicitude de persoas candidatas a oficina de emprego efectuarase o vindeiro martes día 20 de xuño. O resto de requisitos das persoas aspirantes e as condicións da contratación veñen recollidas nas bases adxuntas.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
16/06/2023O Concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL (EIM) DO CONCELLO DE OUTES PARA O CURSO 2023/2024
09/06/2023O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de usuarios/as de novo ingreso admitidos/as e en agarda na Escola Infantil Municipal do Concello de Outes para o curso 2023/2024.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS
07/06/2023O Concello de Outes publica o decreto de alcaldía coa listaxe provisional de admitidas/os e de agarda no Campamento de Verán 2023 do Programa “Outes Concilia”.
Documento informativo para formalizar o pago
Documento de renuncia á praza / solicitude de devolución do importe aboado
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
07/06/2023O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento da proba práctica de coñecemento do galego e o resultado da fase de concurso no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DA RISGA EN OUTES: ACTA 1
05/06/2023O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións e a resolución da convocatoria do proceso para contratar a 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores da RISGA en Outes.
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DO 23 DE XULLO 2023
05/06/2023Entre os días 5 e 12 de xuño, ámbolos dous incluídos, estará exposto o Censo Electoral para todas aquelas persoas que precisen consultalo. Se algún dos seus datos censuais presenta erros, poderá presentar a reclamación correspondente.
CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DE RISGA
05/06/2023O Concello de Outes publica un decreto de alcaldía para corrixir un erro nas bases da convocatoria para a contratación de 2 operarios/as de servizos múltiples entre perceptores de RISGA.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
31/05/2023O Concello de Outes publica a acta do desenvolvemento do primeiro exercicio da fase de oposición: proba teórico-práctica, data e lugar da proba práctica de coñecemento do galego, no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2023: DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA
29/05/2023O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento dos exercicios e resolución da convocatoria para contratar 1 tractorista brigada forestal dentro do Programa APROL RURAL 2023.
CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DA RISGA EN OUTES: LISTA DEFINITIVA
29/05/2023O Concello de Outes publica a relación definitiva de aspirantes admitidos e a data da proba practica da convocatoria para contratar a 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores da RISGA en Outes.
CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DA RISGA EN OUTES
26/05/2023O Concello de Outes publica as bases da convocatoria para contratar a 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores da RISGA en Outes.
CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2023: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS
25/05/2023O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos na convocatoria para contratar 1 tractorista brigada forestal dentro do Programa APROL RURAL 2023.
CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2023
25/05/2023O Concello de Outes publica as bases da convocatoria para contratar 1 tractorista brigada forestal dentro do Programa APROL RURAL 2023.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL (EIM) DO CONCELLO DE OUTES PARA O CURSO 2023/2024
24/05/2023O Concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e de agarda logo de rematado o prazo para solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal do Concello de Outes para o curso 2023/2024.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
05/05/2023O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, data e lugar do exame da fase de oposición, no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. Procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias da Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2023/2024
02/05/2023O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as logo de rematado o prazo para solicitudes de renovación na Escola Infantil Municipal do Concello de Outes para o curso 2023/2024, segundo as solicitudes presentadas no prazo establecido.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
02/05/2023O concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023, logo de ser advertido un erro por omisión involuntaria na publicada en data 27/04/2023.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DE OUTES
28/04/2023O Concello de Outes publica a Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo na Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
27/04/2023O concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS NORMAS DE FUNCIONAMENTO E DO ANEXO I
12/04/2023Aprobado inicialmente o regulamento da Escola Infantil Municipal de Outes, Anexo I das normas de funcionamento da Escola Infantil Municipal de Outes, por Acordo do Pleno de data 30 de marzo de 2023.
De conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde o seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia para que poida ser examinado o regulamento e poidan, no seu caso, presentarse as reclamacións que se estimen oportunas. Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica (outes.sedelectronica.gal) e na páxina web www.outes.gal corporativas.
No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o acordo de aprobación inicial do regulamento.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
12/04/2023O concello de Outes informa da apertura do prazo de inscrición no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o xoves 26 de abril de 2023.
ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2023
11/04/2023A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 28 de marzo de 2023, aprobou o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2023, composto por un total de 5.673 recibos.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. MATRÍCULAS
11/04/2023O Concello de Outes publica o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias da Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2023/2024:
- SOLICITUDES DE RENOVACIÓN.
- Prazo: Entre o 12 e o 19 de abril de 2023, ambos incluídos.
- Onde: na Escola Infantil.
- SOLICITUDES DE NOVO INGRESO.
- Prazo: Entre o 20 de abril e o 10 de maio de 2023, ambos incluídos.
- Onde: a través da sede electrónica do concello (https://outes.sedelectronica.gal) ou de xeito presencial, no servizo de educación familiar do Concello.
SAT – SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ: Agrupación de Concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes e Porto do Son
03/04/2023Que é o SAT?
É un Servizo de Atención Temperá de carácter público e gratuíto que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos.
Que ofrece?
- Diágnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as
- Apoio en todas as areas de desenvolvemento do/a neno/a:
- Desenvolvemento psicomotor
- Desenvolvemento cognitivo
- Desenvolvemento da linguaxe e comunicación
- Desenvolvemento da autonomía
- Desenvolvemento da área social e afectiva
- Apoio, información, habilitación e formación da familia:
- Terapia psicolóxica individual
- Grupos de familias.
- Coordinación coa contorna:
- Colaboración cos /as profesionais do ámbito social, educativo e sanitario e outros recursos da comunidade
Como se pode acceder ao SAT?
- Calquera familia residente nos concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes ou Porto do Son poderá solicitar información e atención no mesmo.
- Por derivación pediátrica.
Como contactar co SAT?
- Chamando ao 981 824 248
- A través de correo electrónico sat@noia.es
- Acudindo directamente ao Servizo, situado en Frei Lois Rodríguez, nº 9, baixo- Noia
Normativa que regula os Servizos de Atención Temperá:
Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá
Protocolo de coordinación, intervención e derivación interinstitucional en Atención Temperá
PROCESO DE ESTABILIZACIÓN
08/03/2023Publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado
Anexo II - Solicitude de participación no proceso de estabilización
BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REXERÁN E REGULARÁN A CONVOCATORIA E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS EXTRAORDINARIOS DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL NO CONCELLO DE OUTES
02/02/2023O Concello de Outes publica o anuncio de convocatoria e bases xerais e específicas que rexerán e regularán a convocatoria e desenvolvemento dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal.
SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
24/01/2023O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento das probas físicas e valoración de méritos para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal.
DECLARACIÓNS DESFAVORABLES DE IMPACTO AMBIENTAL RELATIVAS AOS PROXECTOS DE PARQUES EÓLICOS QUE AFECTAN AO CONCELLO DE OUTES
20/01/2023A Xunta de Galicia informou desfavorablemente o impacto ambiental dos proxectos de parques eólicos de Maragouto, Sancosmeiro, O Vao e A Vaqueira, que afectaban ao noso concello.
Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico Maragouto
Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico Sancosmeiro
Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico O Vao
Ver declaración de impacto ambiental do parque eólico A Vaqueira
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA
20/01/2023O Concello de Outes publica o decreto de aprobación definitiva da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE AUXILIAR/APOIO
20/01/2023O Concello de Outes publica o decreto de aprobación definitiva da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA
18/01/2023O Concello de Outes, logo de resoltas as alegacións presentadas, publica a acta definitiva de resolución da convocatoria para a creación da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE AUXILIAR/APOIO
18/01/2023O Concello de Outes, logo de resoltas as alegacións presentadas, publica a acta definitiva de resolución da convocatoria para a creación da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.
SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
17/01/2023O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento do primeiro exame da fase de oposición para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal e data do segundo exame e un exemplar do exame coas respostas correctas.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE AUXILIAR/APOIO
29/12/2022O Concello de Outes publica as seguintes actas para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.
Acta valoracion fase de concurso. Puntuacións definitivas
Acta realización exame de galego
Acta resolución da convocatoria
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCION EDUCATIVA
29/12/2022O Concello de Outes publica as seguintes actas para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.
Acta valoracion fase de concurso. Puntuacións definitivas
Acta realización exame de galego
SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
19/12/2022O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de persoas admitidas na convocatoria para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal e data do primeiro exame.
PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA: LISTAXE DEFINITIVA DE AGARDA
07/12/2022O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de agarda do P.A.I. de Outes ata o remate do curso escolar 2022/2023, logo de rematado o 2º prazo extraordinario de solicitudes de novo ingreso.
SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
02/12/2022O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as na convocatoria para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal.
MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM PARA CHAN INDUSTRIAL. INFORMACIÓN PÚBLICA
01/12/2022Apertura do período de información pública da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes.
Aprobada inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes por acordo plenario, no Pleno ordinario do Concello de Outes celebrado o 25.08.2022, procedese á apertura do período de información pública durante dous meses para a presentación das alegacións que se estimen pertinentes.
O expediente, con tódolos documentos que integran o Plan Xeral incluído o estudo ambiental estratéxico, poden descargarse picando no seguinte enlace:
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCION EDUCATIVA
25/11/2022O Concello de Outes publica as seguintes actas para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.
Acta das puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición
Actas de desenvolvemento e lectura do segundo exercicio da fase oposición
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. PERSOAL DE APOIO/AUXILIAR
17/11/2022O Concello de Outes publica as Actas de desenvolvemento e lectura do segundo exercicio da fase oposición, acta de valoración da fase de concurso e datas, lugar e hora para a realización da proba práctica de coñecemento do galego para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.
Acta de desenvolvemento do segunto exercicio
Categorías
- oferta de emprego
- arquitecto técnico
- actividades
- Outes Concilia
- Proceso de estabilización de emprego
- anuncio
- Escola Infantil Municipal
- SAF
- Bando
- CIM
- Entroido
- Resolución
- axudas
- concesión cafetería
- deportes
- Nadal
- subvencións
- Madrugadores
- Brigada de incendios
- socorristas
- campamentos
- PEL
- Escola Infantil
- RISGA
- APROL RURAL
- impostos
- SAT
- piscina
- PAI
- PXOM
- bando
- ADL
- formación
- ENIL
- proxecto
- PACES
- cim
- proxecto
- ordenanzas e regulamentos