Taboleiro de anuncios

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS
06/10/2017

O Concello de Outes anuncia que xa se poden solicitar as subvencións municipais dirixidas á promoción do asociacionismo, das tradicións e os valores culturais, así como ao apoio e promoción do deporte no municipio.

Pódese consultar toda a información no BOP do xoves 5 de outubro. Os formularios para a solicitude poden solicitarse nas oficinas municipais ou descargarse desta páxina, no apartado Descarga de impresos.