Axenda local

13/04/2018
Gallery pampallin 2018
Ico noticia NOVA

PAMPALLÍN 2018

O Concello quere convidar a todos os mozos e mozas de Outes á Festa da Xuventude “Pampallín 2018”, festa coa que un ano máis rememoramos un acontecemento que gozou de grande tradición no noso municipio. Coincidindo coas primeiras sementeiras, celebrábase o Pampallín, rito co cal se recibía á primavera e eran os máis novos os protagonistas encargados de celebrar a súa benvida.

Como novidade, este ano celebraremos tamén o Pampallín Miúdo para a rapazada do Concello. Teremos xogos populares, unha sesión de DJ infantil e xuvenil e chocolatada para todos os nenos e nenas. Será o 29 de abril, a partir das 17:30 h na Praza do Bosque.

Ver cartel

E o 30 de abril a partir das 12 da noite, na rúa do Agro das Mozas, o tradicional Pampallín. Este ano actuarán o grupo D´Moda e a discoteca móbil La Mega CDC.

Ver cartel