Agenda local

13/02/2019
Gallery andainas2 2019
Ico noticia NOTICIA

PATEANDO OUTES. II EDICIÓN: ANDAINAS POLO CONCELLO

O Concello de Outes organiza unha serie de andainas por distintos lugares do concello:

  • A Serra: 3 de marzo.
  • O Freixo: 24 de marzo
  • A Ponte: 28 de abril

As andainas son gratuítas e o horario de saída de todas elas será ás 9:30 h.

As persoas que desexen participar deberán inscribirse na páxina www.outes.gal/andainas

AVISO
A andaina da Ponte, prevista para o 28 de abril, queda aprazada

Ver cartel

Ver regulamento

08/02/2019
Gallery entroido 2019
Ico noticia NOTICIA

ENTERRO DA SARDIÑA 2019. CONCURSO DE DISFRACES.

O Concello de Outes, a través da Concellaría de Cultura e Deportes, organiza un concurso de disfraces para celebrar o enterro da sardiña, festa de gran tradición no noso Concello e que se celebra o mércores de cinza (6 de marzo).

Toda persoa que desexe participar neste concurso pode apuntarse cubrindo a folla de inscrición e enviándoa á dirección de correo electrónico animacion@outes.es antes do 1 de marzo ou o mesmo día do concurso, de 16:00 a 17:00 h, no pavillón polideportivo da Serra.

Ás 18:30 h sairá o desfile de disfraces, que acompañará ao cortexo da sardiña, polas principais rúas da Serra de Outes, todo elo amenizado pola charanga BB+.

En caso de chuvia, o desfile farase no pavillón polideportivo da Serra.

Ver bases do concurso

Folla de inscripción

Ver cartel

07/02/2019
Gallery certame anhon 2019
Ico noticia NOTICIA

XXIII CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

O Concello de Outes organiza o XXIII CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN, certame que leva o nome do mais ilustre literato do noso Concello, Francisco Añón, autor do " Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega.

Poderán participar nel todas as personas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 3 de abril.

Ver bases do certame

04/02/2019
Gallery trail tremuzo web 2019
Ico noticia NOTICIA

I TRAIL CONCELLO DE OUTES “SUBIDA A TREMUZO”

O Concello de Outes, en colaboración co club de atletismo Outes e Protección Civil de Outes, organiza o I trail “Subida a Tremuzo”.

A carreira, de 16 km de distancia, celebrarase o domingo 31 de marzo. A saída será ás 10:00 h dende o pavillón do Cruceiro de Roo.

Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse na páxina web www.galitiming.com ata o 28 de marzo. O prezo da inscrición é de 10 euros.

Ver regulamento da proba

Ver cartel

23/01/2019
Gallery expo musciabotanica 2019
Ico noticia NOTICIA

EXPOSICIÓN DE PINTURA: MÚSICA BOTÁNICA

Do 25 de xaneiro ao 25 de febreiro poderá visitarse na Casa da Cultura de Outes a exposición Música Botánica de Mercedes Carrillo.

A mostra está composta por unha vintena de cadros de pequeno formato, creados por medio de diferentes técnicas, sobre todo acuarelas e pastel, e nos cales esta artista autodidacta combina textos e imaxes.

Na Casa da Cultura de Outes, do 25 de xaneiro ao 25 de febreiro. Inauguración o venres 25 de xaneiro ás 21:00 horas.

Ver cartel

22/01/2019
Gallery img centro social
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DO CENTRO SOCIAL

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades cuadrimestrais do Centro Social de Outes que se levarán a cabo de febreiro a maio.

As persoas interesadas en participar en algunha delas deberan anotarse no Centro Social.

Ver actividades

19/09/2018
Gallery actividades 20182019
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE. OUTONO-INVERNO 2018/2019

O Concello de Outes publica a oferta de actividades de ocio e tempo libre para o outono e inverno 2018/2019.

Ver o folleto de actividades.

As follas para as inscricións das distintas actividades poden descargarse desde Descarga de impresos