Axenda local

24/09/2018
Gallery actividades cim
Ico noticia NOVA

ACTIVIDADES DO CIM

Actividades organizadas polo Centro de Información ás Mulleres de Outes que darán comezo no mes de outubro:

CLUB DA CALCETA E GANCHILLO

Impartirase nos meses de outubro, novembro e decembro no Freixo e en San Cosme.

Ver cartel

TARDES DIVERTIDAS

Destinado a rapazas e rapaces de 3 a 12 anos. De outubro a maio, en horario de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres (días lectivos), no C.E.I.P da Serra.

Ver cartel

Máis información e inscricións no Centro de Información ás Mulleres de Outes (Praza do Bosque. Teléfono: 981 850 949)

19/09/2018
Gallery outono teatral 2018
Ico noticia NOVA

OUTONO TEATRAL 2018

O 30 de setembro, enmarcado dentro da programación cultural do Concello de Outes, arranca a 23 edición do “Outono Teatral”.

Este ano contaremos con 16 representacións, nas que terán cabida tanto obras para público infantil como para adultos.

Ademais a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, escolleu un ano máis a Casa da Cultura de Outes para a representación das obras finalistas do programa Xuventude Crea na especialidade de teatro, que se celebrará los días 14, 15 e 16 de novembro (2 obras por día).

Tódalas representacións serán no auditorio da Casa da Cultura e a entrada é gratuíta.

Ver cartel

19/09/2018
Gallery actividades 20182019
Ico noticia NOVA

ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE. OUTONO-INVERNO 2018/2019

O Concello de Outes publica a oferta de actividades de ocio e tempo libre para o outono e inverno 2018/2019.

Ver o folleto de actividades.

As follas para as inscricións nas distintas actividades poden descargarse dende Descarga de impresos.