Axenda local

11/04/2018
Gallery carreira 2018
Ico noticia NOVA

XI CARREIRA PEDESTRE “CONCELLO DE OUTES”

A concellaría de Deportes do Concello de Outes organiza a XI Carreira Pedestre Concello de Outes, carreira que está dentro do VI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES da Deputación da Coruña, e que se celebrará o xoves 17 de maio, con saída na Praza de Galicia, na Serra de Outes.

As prazas está limitada a 500 corredores e as persoas que desexen participar deben inscribirse a través da web championchipnorte.com. O prazo de inscrición remata ás 24:00 h do luns 14 de maio.

Máis información e regulamento

Ver cartel