Agenda

Gallery a feirin a cartel 2024

VOLVE A FEIRIÑA DO COMERCIO LOCAL DE OUTES

Sábado 17 de agosto dende as 11:00 ate as 21:00 na Rúa da Capela

Achégate a coñecer o comercio local, agro e postos de artesanía nunha xornada chea de concertos, exposicións e animación infantil. Haberá servizo de polbeira e hostelaría. Dende o concello de Outes organizamos a Feiriña co obxectivo de dinamizar a economía local poñendo o foco no comercio de proximidade e coa intención de fomentar o producto local. Nesta edición bateremos record con máis de 60 postos á disposición do consumidor.