Obradoiro de emprego

 Obradoiro de Emprego “Rural Outes 2015”, promovido polo Concello de Outes coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar e do FSE, concíbese como un programa mixto de formación e emprego co obxectivo prioritario de facilitar a integraciónno mercado laboral dos 19 traballadores participantes que se atopaban en situación de desemprego, a través da formación profesional para o emprego acreditable e certificable, ao mesmo tempo que se realiza un traballo real e produtivo, que lles permita mellorar a súa capacitación e ocupabilidade tanto por conta propia comopor conta allea.

Nome Rural Outes 2015 Director Andrés Filgueira Beiro
Data Inicio 01/09/2015 Data Fin 29/02/2016
Nº de Alumnos 19 Especialidades Operacións de Formigón (EOCH0108)
Promotor Concello de Outes Enderezo Rúa da Capela 13, 15230 Outes
Teléfono 981 851 094 Correo electrónico ruraloutes2015@gmail.com
Actuacións Principais Humanización de rúas e espazos públicos dos núcleos tradicionais de Boel, Entíns e Piñeiro.

A especialidade formativa que se imparte e a referida ao certificado de profesionalidadeoperacións de formigón que se compón das unidades de competencia: participar en operación previas ao formigonado, poñer enobraformigóns, facer traballos auxiliares en obras de construción e elaborar pastas, morteiros,adhesivos e formigóns. Está formada en dous grupos de dez e nove persoas cos docentes Manuel Antonio González Montero e Ventura Priegue Creo ao cargo de cada un dos grupos.

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

O obxectivo desta área é a de proporcionar aos traballadores participantes os coñecementos,habilidades, actitudes e hábitos no ámbitosocio-laboral, a través dos contidos teórico prácticos impartidos nos seguintes módulos: seguridade e saúde laboral, xestión empresarial, alfabetización informática, sensibilización ambiental e sensibilización en igualdade de xénero.

Ademais para aqueles que non acadaron o título de graduado ou a educación secundaria obrigatoria impártense clases de educación compensatoria co obxectivo de que poidan acceder ás probas que lle correspondan e facilitar así a obtención do título.

As actividades formativas son impartidas polos docentes da especialidade, polo arquitecto técnico e polo docente de formación e orientación laboral que conforman o equipo directivo e docente do Obradoiro de Emprego.

A finalización do obradoiro os traballadores participantes obterán un certificado expedido pola entidade promotora no cal contará a duración en horas da súa participación no programa, así como o nivel da formación teórico-práctica adquirido e os módulos formativos cursados.

ACTUACIÓNS

As obras que se van levar a cabo son revalorización e humanización das rúas e espazos públicos dos núcleos rurais de Boel, Entíns e O Piñeiro, nas que os traballadores participantes colocarán lastras do país e executarán o formigonado das vías de estes núcleos.