Agenda local

08/05/2026
Gallery imx actividades veran 2026
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DE VERÁN NOS CENTROS SOCIAIS DE OUTES

O Concello de Outes oferta unha serie de actividades para este verán que se realizarán nos distintos centros sociais do Concello.

Máis información no teléfono 981 850 575.

 Ver cartel das actividades

09/03/2026
Gallery imx tempo pascua 09032026
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE PASCUA 2026

O Concello de Outes, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres), ofrécelles ás familias con menores de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos o servizo de conciliación “Tempo de Pascua 2026”, que forma parte do programa “Outes Concilia”.

Desenvolverase os días, 30 e 31 de marzo e o 1 e 6 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

A inscrición permanecerá aberta desde o 10 ata o 16 de marzo. As prazas son limitadas.

 Ver cartel

 Condicións de uso do servizo

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

04/12/2025
Gallery imx actividades nadal 2025
Ico noticia NOTICIA

PROGRAMACIÓN DE NADAL 2025

O Concello de Outes deséxavos unhas felices festas e convídavos a participar nas actividades que se ofertan para este Nadal.

 Ver cartel

25/11/2025
Gallery imx tempo nadal 2025
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE NADAL 2025-2026. OUTES CONCILIA.

O Concello de Outes, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres), ofrécelles ás familias con menores de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos, o servizo de conciliación “Tempo de Nadal” 2025-2026, que forma parte do programa “Outes Concilia”.

Este servizo terá lugar os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

O prazo de inscrición é dende o 26 de novembro ata o 10 de decembro. As prazas son limitadas.

 Máis información e condicións do servizo

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

16/09/2025
Gallery imx actividades deportes 2025
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

O Concello de Outes, en colaboración coas diferentes entidades deportivas municipais,  oferta unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo durante os meses de outono e inverno.

 Ver cartel

16/09/2025
Gallery imx actividades 1 cuadrimestre centro social 2025
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DOS CENTROS SOCIAIS DE OUTES

O Concello de Outes oferta unha serie de actividades cuadrimestrais que se realizarán nos distintos centros sociais do Concello. 

Anotarse no Centro Social a partir do 22 de setembro.

 Ver cartel

14/05/2025
Gallery imx obradoiro defensa persoal
Ico noticia NOTICIA

OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA

O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un obradoiro de defensa persoal destinado a mulleres maiores de 16 anos.

O obradoiro, que é gratuíto, realizarase o 25 de maio e prazo de inscrición é dende o 14 ao 21 de maio. As inscricións faranse no CIM (teléfono: 981 850 949 ou cim@outes.gal).

 Ver cartel

25/04/2025
Gallery imx campamento veran 2025
Ico noticia NOTICIA

CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2025 do Programa “Outes Concilia” desde as 9:00 horas do 28 de abril ás 14:00 horas do 12 de maio. Un total de 320 prazas, distribuídas en 6 quendas, estarán dispoñibles para as familias.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse conforme as bases e condicións específicas desta convocatoria a través dos modelos normalizados establecidos ao efecto na páxina web. Poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Outes (https://outes.sedelectrónica.gal), ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Outes (horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres).

 Ver Cartel

 Bases e condicións do Campamento de Verán 2025

 Folla de inscrición

 LOPD do Campamento de Verán 2025

 Documento informativo para formalizar o pago Campamento de Verán 2025

 Folla de renuncia e devolución do importe aboado

21/03/2025
Gallery imx tempo pascua 21032025
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE PASCUA 2025. OUTES CONCILIA

O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación “TEMPO DE PASCUA”, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Dito servizo desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

O prazo de inscrición é do 24 de marzo ao 3 de abril.

 Máis información e condicións do servizo

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

29/11/2024
Gallery imx tempo nadal 2024
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE NADAL

O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Servizo Tempo de Nadal 2024-25, que se enmarca dentro do programa Outes Concilia.

O prazo de inscrición é dende o 2 ata o 12 de decembro. As prazas son limitadas.

 Máis información

 Folla de inscrición

 Folla de consentimento para o tratamento de datos persoais