Axenda

28 DE XUÑO, DÍA DA DIVERSIDADE SEXUAL. LIBERDADE DE SER E SENTIR!
Un ano máis o Concello de Outes participa na campaña promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña: Liberdade de ser e sentir!. O obxectivo da mesma é a sensibilización sobre a importancia da tolerancia e igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, con motivo do 28 de xuño, día da diversidade sexual.
As actividades ás que se pode acceder a través da páxina web son contacontos, pílulas divulgativas en formato dixital, palestras virtuais, recursos educativos e material pedagóxico.
Máis información https://seresentir.gal/inicio/gl/