Axenda

Gallery imx campamentos deportivos veran 2022

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Concello de Outes informa que xa está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos Deportivos verán 2022 da Deputación da Coruña.

A Outes correspóndenlle 4 prazas na 5ª quenda a cal transcorre dende o 24 ao 29 de xullo.

Poderán participar neste campamento os nenos e nenas nados entre o día 1 de xaneiro de 2008 e 31 de decembro de 2013.

O prazo de inscrición será do 13 de abril ao 20 de maio. De haber máis inscritos que prazas, realizarase un sorteo (terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán).

A cota de participación é de 85 €, que se ingresarán, unha vez se obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña.

 Triptico e folla de inscrición

Máis información: https://www.dacoruna.gal/deportes/campamentos-deportivos