Axenda

Gallery imx certame poesia 16032022

XXVI CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

O Concello de Outes, comprometido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, organiza o XXVI CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega.

Poderán participar nel todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 4 de abril.

 Ver bases