Axenda

Gallery imx certame poesia

XXV CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA: GAÑADORES

Onte, 17 de maio, día das Letras Galegas, déronse a coñecer, nun acto que tivo lugar na Casa da Cultura, as persoas premiadas da XXV edición do certame Francisco Añón de poesía.

Neste mesmo acto presentáronse tamén os libros que recollen as poesías premiadas na XXIII e na XXIV edición, así como as publicacións das obras gañadoras da categoría F (maiores de 18 anos):

  • Agora que nos roubaron, de Mariña López Varela (gañadora do 2019)
  • Consecuencias, de Óscar García Ramos (gañador do 2020)

 

 Ver actas do certame.

 Ver foto das persoas premiadas