Axenda

Gallery imx fallo certame poesia

FALLO DO XXV CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

O vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, terá lugar o fallo da XXV edición do certame Francisco Añón de Poesía. No acto, que se levará a cabo no salón de actos da Casa da Cultura de Outes, presentaranse ademais os libros que recollen as poesías premiadas nas edicións XXIII e XXIV e os libros das persoas gañadoras da categoría F (maiores de 18 anos).

Luns 17 de maio ás 17:00 h no auditorio da Casa da Cultura.

Aforo limitado previa inscrición.

 Ver cartel